Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Uns empregarán os votos para gobernar contra o PP, nos empregarémolos para gobernar para todos”

“Uns empregarán os votos para gobernar contra o PP mentres que nos empregarémolos para gobernar para todos”, así o puxo de manifesto o popular, José Manuel Balseiro durante os mitins celebrados hoxe no Valadouro e Alfoz e no que tamén interviron a candidata, Pilar Rojo, asi como o popular laurentino, Vidal Martínez Sierra.

Para José Manuel Balseiro; Alberto Núñez Feijóo en época de crise soubo facer un diagnóstico correcto “fixou obxectivos e tomou as medidas pioneiras, sabendo poñer en marcha a austeridade e as reformas cando moitos non viron a crise”. Esta xestión do dirixente popular, “digna de alago”, permite que Galicia conte cun goberno “estable e con unidade de criterio”, fronte  “a inestabilidade que conlevaría a posible coalición que podería formarse nun futuro” tras as eleccións “se os galegos non votan maioritariamente ao PP”.

Neste contexto, Balseiro asegura que “se dous foron un desastre, cinco poden ser un desequilibrio total”, polo que o candidato mariñán pide que “se preserve o que se está facendo ben, e ter catro anos máis para finalizar a faena”.

Durante o mitin, o popular fixo referencia aos compromisos de Alberto Núñez Feijóo cos veciños de Alfoz e o Valadouro. Así, José Manuel Balseiro refiriu en concreto “ao factor de reequilibrio territorial”, que representou o Fondo de Compensación Ambiental para os concello do Valadouro. Este fondo de compensación, procedente do canon eólico, permite por primeira vez aos concellos galegos beneficiarse directamente da explotación de enerxía eólica.

Así, o concello mariñán recibiu en axudas vencelladas a este programa preto de 600.000 euros, que se teñen adicado á rexeneración e acondicionamento de espazos naturais, así como á mellora de instalacións nos núcleos de poboación. Entre as obras acometidas con cargo a este Fondo, Balseiro citou o acondicionamento, paseo fluvial e servizos do Río Ferreira e as melloras urbanas na praza de Santa María e Saneamento en Moucide.

En canto aos acometidos no concello de Alfoz, José Manuel Balseiro citou a inversión superior a 160.000 euros para saneamento nos núcleos de Santa Mariña, Barral e Correlos, así como a creación de vivendas comunitarias, coa dotación de dez prazas, cunha inversión superior aos 84.000 euros.