Partido Popular de Lugo

“O noso obxectivo é Galicia e a nosa preocupación os problemas dos cidadáns”

Se o pasado domingo Ana Pastor acompañaba aos populares lucenses nun paseo electoral pola rúas da cidade da muralla e nos mítines de Rábade e Guitiriz, hoxe o programa foi semellante pero na comarca da Mariña.

Nun paseo por Viveiro, con José Manuel Balseiro e demáis dirixentes e integrantes da candidatura, Ana Pastor, instou a tódolos galegos a acudir o vindeiro domingo día 21 de outubro as urnas e depositar o voto para o proxecto político popular.

“Votar a Alberto Núñez Feijóo significa continuar na liña da austeridade, estabilidade, paga-lo que se debe, non gastar máis do que temos e, sobre todo, priorizar o importante, como é a política social, á que se destina más do 50% do orzamento”- manifestou.

Logo dun paseo polas rúas de Viveiro, os populares trasladáronse a Barreiros, lugar onde se incorporou o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, para participar nun xantar, e ao mesmo tempo, encontro de traballo, con mulleres da comarca da Mariña.

Nun abarrotado salón, con preto de 200 asistentes, os populares apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día para unha maior e mellor presencia feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional.

Os populares lucenses quixeron amosar o seu convencemento de que avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na configuración dunha sociedade máis equilibrada e solidaria e apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día, na procura dunha maior e mellor presenza feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional.

Concluíron Ana Pastor, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro  facendo un chamamento a que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido de construír un mundo máis solidario, máis equilibrado e sen discriminacións e tamén a multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza -en moitos casos por riba do colectivo masculino- en ámbitos como a política, a xestión das administracións públicas, ou na participación activa dentro dos colectivos sociais.