Nun mitin en Burela e San Ciprián, os populares insistiron na importancia de acudir o vindeiro 21 de outubro as urnas e votar por un único líder que non é outro que Alberto Núñez Feijóo.
Falaron os populares de ALCOA, centrándose na boa xestión do Goberno Nacional e Autonómico con respecto a esta factoría e aseguraron que aos socialistas moléstalles que haxa problemas, pero tamén lle estorba que se arranxen.
Tacharon a Pachi Vázquez de candidato incomprensible e afirmaron que quen pode arranxar e solucionou a problemática de ALCOA foi o Partido Popular, malia a ser un problema ocasionado e herdado por un goberno socialista.
Lembrou José Manuel Balseiro que foi o Ministro de Industria quen solucionou esta problemática asinando unha orde que moi cedo se publicará no BOE e lamentou que como de costume o Señor Pachi Vázquez prefire sembra-lo medo entre os afectados e arañar votos, e calificouno de político desleal coa Mariña e con Galicia.
Con respecto aos bos resultados que auguran as enquisas, tanto José Manuel Balseiro como Ana Pastor, foron prudentes na valoración.
“É importante que haxa unha tendencia clara que demostra que unha maioría ampla de galegos confía en nos pero evitamos calquera indicio de triunfalismo ou relaxación; os resultados veraces veranse o vindeiro 21 de outubro”- afirmaron.
Con respecto ao resultado das enquisas, os populares afirmaron que é un reforzo ao traballo que o PP veu facendo dende o comezo da campaña; “un traballo co que continuaremos para que os indecisos acudan as urnas o 21 de outubro e depositen o seu voto para Alberto Núñez Feijóo o único líder preocupado polos galegos e polos seus problemas”- concluíron.