Partido Popular de Lugo

Arias Cañete participou no foro gandeiro que o Partido Popular de Lugo celebrou en Castro de Rei

O membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular, Miguel Arias Cañete, participou esta mañá nun almorzo informativo co sector gandeiro da provincia de Lugo que os populares lucenses organizaron en Castro Riberas de Lea, co obxecto de intercambiar opinión cos gandeiros e recoller as necesidades e demandas a través dos propios traballadores co obxecto de seguir traballando por un sector do que viven arredor de 60.000 familias en toda Galicia.

Nun abarrotado salón, que contou con preto de 400 profesionais do sector gandeiro, participaron a candidata número dous pola Coruña Rosa Quintana e o presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto con outros candidatos pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas

Miguel Arias Cañete trasladoulle aos profesionais do sector agrario a importancia da posta en marcha neste mes do “paquete lácteo”, e máis en concreto do contrato homologado. Arias Cañete lamentou que non se puidera facer efectiva  a entrada en vigor do contrato lácteo ata agora e grazas ás xestións do Goberno Popular. Así, dado determinadas prácticas na cadea de produción que están a provocar a destrución do valor do leite na súa orixe e tendo en conta a insostibilidade desta situación que está a provocar o peche de explotacións; Cañete recordou que o Goberno Central en menos dun ano aprobaron o Real Decreto que recolle este ferramenta, fronte a un goberno socialista que en oito anos non foron capaces de crear ningún tipo de política que contribuíse a afianzar o sector.

Neste mesmo senso, José Manuel Barreiro afirmou que o sector lácteo é clave para a política agraria do país polo que asegura que é necesario por en valor o traballo e profesionalidade dos gandeiros españois. Dado esta situación,  Barreiro resaltou a labor que se vén desenvolvendo dende fai un meses entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Goberno da Xunta de Galicia, co obxecto de traballar con “firmeza e rigor” para continuar poñendo en valor o sector agrario, e en concreto, o lácteo.

A candidata pola Coruña fixo referencia ao sector agrario como a alma de Galicia, tendo en conta que o 84% da superficie dispón desa condición polo que o PP defenderá o carácter estratéxico da produción primaria. Rosa Quintana defendeu o compromiso da xunta con este sector e citou accións e medidas de apoio desenvolvidas na comunidade, de cara á mellora da competitividade das explotacións, da calidade financeira e da liquidez, así como da estrutura comercial.

A popular fixo referencia a aprobación do decreto específico que regula as organizacións de produtores ou a creación da marca de calidade “Galega 100%”, así como a habilitación no primeiro ano do goberno de Ñúñez Feijóo de máis de 20 millóns de fondos autonómicos en diversas liñas de axudas para paliar a crise dos prezos do sector, mellorando a capacidade financeira e a liquidez das explotacións ao tempo que foi priorizando o pago de axudas da Política Agraria Común (PAC).

 

O PP sensibilizado co sector agrario

Os populares defenden a necesidade fundamental de seguir loitando por impulsar e modernizar o rural, sendo unha meta relevante, tendo en conta ademais que na actual situación de cambio tanto económico e social o rural é unha alternativa. Para os populares faise necesario que o rural galego sexa potenciado, tanto no eido produtivo como social, xa que as posibilidade que ofrece son moitas.

En consecuencia, segundo afirman os populares as políticas que agora precisa o sector primario de Galicia deben estar fundamentalmente dirixidas a integrar as cadeas produtivas para diminuír a diferenza entre os prezos en orixe e os prezos en consumo dos produtos, sendo necesario incrementar o esforzo na transmisión tanto da capacidade competitiva da produción de Galicia domo da seguridade e calidade dos seus produtos.