A Mariña, 12 de outubro de 2012.- O deputado e número tres da candidatura do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Balseiro, dixo hoxe que “os gobernos solventes do PP ofrecen solucións alí onde outros só xeraron problemas”. Balseiro fixo estas declaracións en clara alusión á solución impulsada pola Xunta e o Ministerio de Industria para Alcoa dirixida a paliar as graves consecuencias do déficit tarifario herdado dos socialistas que puxo entre as cordas ás grandes empresas consumidoras de enerxía como a multinacional do aluminio, con centros de traballo na Mariña lucense e na Coruña.
Balseiro quixo poñer en valor o anuncio efectuado onte na Mariña polo candidato popular á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo en relación coa sinatura por parte do ministro de Industria, Jose Manuel Soria, da orden que permitirá solucionar tras manter o mesmo prezo da enerxía para Alcoa.
TARIFA COMPETITIVA
A nova ten gran relevancia xa que, xunto ao compromiso do Goberno central popular de manter o desconto por interrumpibilidade, implica a conformación dunha tarifa competitiva para esta empresa e polo tanto ofrece garantías para evitar o seu peche, a continuidade da súa actividade despois do 31 de decembro e de todos os postos de traballo directos e indirectos a ela asociados.
IMPLICACIÓN DIRECTA DO PRESIDENTE DA XUNTA
O número tres da candidatura popular pola Mariña lucense agradeceu a implicación do Presidente da Xunta “que desde o primeiro día foi o principal aliado dos intereses de Alcoa e os seus traballadores”, mantivo a esperanza en que todos os trámites iniciados cheguen a bo porto e sinalou a importancia de que os políticos, e as distintas administracións traballen na procura de solucións e non -como fixo o PSOE durante o seu mandato- en provocar problemas.
CHAMAMENTO Á OPOSICIÓN
Finalmente Balseiro fixo un chamamento ás forzas da oposición para que recoñezan a importancia desta boa nova e sinalou que socialistas e nacionalistas non deberan ofrecer desconfianza nin enfadarse por resolver unha problemática cunha solución que garantirá a viabilidade dunha empresa da importancia económica e social de Alcoa, porque si así o fixeran estarían antepoñendo os intereses electorais aos intereses xerais de Galicia.
Balseiro atribuíu as críticas efectuadas pola oposición nos últimos tempos a o recoñecemento da frustración que a socialistas e nacionalistas lles produce o papel de Feijóo en apoio de Alcoa. “O que eles non foron capaces de conseguir, Feijóo logrouno en poucos meses, tras unha implicación directa na procura desta solución satisfactoria