Partido Popular de Lugo

A boa xestión de Alberto Núñez Feijóo demostra o seu compromiso cos gandeiros e pensionistas

Susana López Abella asegurou que a nosa comunidade é capaz de manterse cos seus ingresos e non precisa pedir cartos a fin de mes para financiar a sanidade e a educación.

Susana López Abella, quen afirmou que o Partido Popular é o único que ten capacidade para loitar contra os problemas que se poidan presentar, afirmou que non é suficiente con ganar enquisas e debates televisivos, senón que hai que acudir as urnas para formar a gran coalición con Galicia, por iso, instou a tódolos asistentes a acudir o vindeiro 21 de outubro a votar polo líder da responsabilidade e da solvencia, que non é outro que Alberto Núñez Feijóo.

Ante unha concurrida asistencia, no que primou o colectivo de maiores, López Abella proclamou a necesidade de ser capaces, como  sociedade, de redefinir o papel dos da terceira idade, dado as pautas de comportamento actuais e de incremento da esperanza de vida, e tendo en conta o esencial papel deste colectivo na sociedade e no núcleo familiar.

Dixo López Abella que os pensionistas están sufrindo especialmente os efectos da crise, pero a xestión do goberno popular está a demostrar o seu compromiso con este colectivo fronte a un goberno socialista que conxelou as pensións.

Susana López Abella tamén falou da problemática que están a vivir os gandeiros, polo baixa dos prezos, pero resaltou que Goberno Central e Autonómico xa estableceron todos os mecanismos para solventar esta problemática.

“É evidente que estamos a atravesar unha situación moi difícil pola baixa dos prezos. Acrecentada pola diferenza inxustificada no valor do leite existente entre a nosa comunidade e outras comunidades autónomas. Pero Galicia veu facendo os deberes ao longo destes tres anos e, da man do Ministerio, saberá pórlle solución a esta situación”, manifestou.

Lembrou a popular que dende as administracións populares desenvolveron distintas medidas dirixidas a mellorar a competitividade como foron a ampliación da base territorial das explotacións e de mellora da eficiencia enerxética. Tamén buscaron achegar liquidez e mellorar a capacidade financeira das explotacións adiantando axudas e outorgando achegas en época de crise, e contribuíron a mellorar a estrutura comercial promovendo a diferenciación do noso leite e estruturando o sector produtivo de cara a entrada en vigor do “paquete lácteo.

Concluíu a candidata popular pedindo o voto para Alberto Núñez Feijóo, o líder da solvencia, da rigurosidade e da boa xestión.