Partido Popular de Lugo

Feijóo: “O problema de Alcoa non pode ser producir aluminio senón vendelo e por iso van a ter o mesmo prezo da enerxía”

Foz, 11 de outubro de 2012.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que Alcoa terá o mesmo prezo da enerxía grazas a unha orden firmada polo ministro de Industría. O candidato popular recordou que o Goberno do PSOE deixou a deber 24.000 millóns de euros en enerxía e agora se permiten o luxo de meter medo aos traballadores de Alcoa dicindo que a empresa vai pechar. “Non só non van pechar senón que vamos a facer que o problema de Alcoa sea vender aluminio pero en ningún caso producilo”.

Feijóo, que se reuniu con media ducia de representantes da plantilla para explicarlles a situación, afirmou tamén que “non basta con gañar nas enquisas e debates” senón que “hai que encher as urnas para formar a gran coalición con Galicia”.

Nun mitin en Foz, presidente dos populares galegos aseguraba que esa alianza non depende nin de nacionalistas, nin de socialistas, nin de comunistas, senón de 2.800.000 de galegas e galegos. Trátase dunha coalición que non vai contra ninguén, senón a favor de Galicia e coa que nos adiantamos ao resto de España.

En palabras de Feijóo, é a coalición dunha Galicia libre de imposicións, dona do seu presente e con futuro.

 

LIBRES E AUTÓNOMOS

 

O líder do PPdeG fixo fincapé en que os galegos “somos libres e autónomos” de imposicións externas, de imposicións económicas e de imposicións ideolóxicas.

Así, sinalou que podemos tomar as nosas propias decisións, con marxe de manobra; podemos facer fronte ás nosas débedas cos recursos propios. De feito, dos máis de 60.000 millóns de euros que o Goberno puxo a disposición das comunidades, Galicia pediu cero euros e estamos blindados ante un rescate.

Así mesmo, a autonomía segue plenamente nas mans dos seus cidadáns: cada un pode sentir e vivir Galicia como queira e falar a lingua que queira. Pero iso si, en palabras de Feijóo, todos debemos estar xuntos por Galicia, polos intereses que nos son común, polo crecemento e pola recuperación.

GALICIA ANTICIPOUSE E GALICIA CUMPRE O DÉFICIT

 

Feijóo apuntou que Galicia ten menos paro, menos débeda, o déficit máis baixo e a maior solvencia. Así, calquera comunidade de España asinaría estes datos para si, pero asegurou que, aínda así, non se conforma.

O líder do PPdeG sinalou que España sofre recesión porque non se actuou a tempo, por iso, desde o primeiro día Galicia quixo recuperar o tempo e o diñeiro perdido. Por iso, nin os populares crían que non había crise, como dicía o PSOE que apoiaba o BNG, nin lles parecía axeitado que en Galicia houbera un Goberno, o Bipartito, que vivira, orzamentara e gastara como se non houbera crise.

“Fixemos recortes, sí: recortamos á metade os altos cargos, un 40% as consellerías e recortamos a administración paralela”. Ademais, “devolvimos o realismo ás contas públicas e mudamos a improvisación e a confrontación por planificación en cada un dos sectores productivos”.

Os populares trataron de facer de Galicia un referente de rigor e responsabilidade e conseguiron que a comunidade se anticipase e proba diso é que todas as comunidades, xa sexan gobernadas polo PP, PSOE, ou nacionalistas, acaban de pactar que o que hai que facer para saír da crise é repetir o feito por Galicia desde hai catro anos.

Por outra banda, Feijóo lembrou que Galicia cumpre co seu déficit e fixo fincapé en que é algo que, aínda que non o pareza, é moi importante para os cidadáns, porque o que hoxe está a vivir España sucede por telo descontrolado.

Así, increméntanse os impostos cando urxe corrixir o déficit, e en Galicia non se suben porque xa se tiña controlado. Ademais, pódense evitar axustes que se tomaron noutros lugares.

Segundo o presidente do PPdeG, cando se controla o déficit, o país vólvese un lugar no que confiar, por iso, grandes empresas como Inditex, Nestlé, Citroën ou Pemex están apostando por investir e xerar emprego en Galicia.

 

OS COMPROMISOS SOCIAIS

 

Feijóo tamén subliñou que controlar o déficit supón que Galicia conxelara as taxas universitarias máis baixas e teña máis profesores por alumno, así como que sume hospitais, centros de saúde, prazas públicas de servizos sociais, mentres outras comunidades con problemas de déficit pechan.

Así mesmo, supón que se poida estar en condicións de seguir facéndoo, e así sumar 3.500 novas prazas públicas de gardería como se sumaron 3.000 prazas de gardería; ou 3.000 novas prazas públicas para maiores como se incrementaron en 2.500 as prazas públicas de maiores.

Ademais, faranse 17 novos centros de saúde ao igual que se remataron outros 19 e se reformaron unha decena e ao igual que se rematará o hospital público de Vigo e se construirá o de Pontevedra, como se rematou o hospital de Lugo.

No que atinxe aos hospitais, lembrou que se está ampliando tamén o da Coruña, renovarase e ampliarase o de Ourense, o do Salnés e o da Mariña.

O líder do PPdeG asegurou que é o único candidato que pode garantir que gobernará para todos e non para ningún socio porque só depende dos galegos. Así, é o único candidato que pode garantir que Galicia seguirá marcando o paso en eficiencia, en liberdade lingüística e con políticas exemplares.