Lugo, 10 outubro 2012.- Os populares reafirmaron no foro sobre pensións celebrado hoxe a súa especial sensibilidade polo benestar dos maiores. Neste marco, o Partido Popular xunto cos maiores analizaron as necesidades e retos que afectan ao colectivo de xubilados.
O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro; xunto co Deputado Nacional, Juan Carlos Aparicio; así como a exconselleira e Vicesecretaria de relacións do PP coa sociedade, Manuela López Besteiro, proclamaron a necesidade de ser capaces, como sociedade, de redifinir o papel dos maiores, dado as pautas de comportamento actuais e de incremento da esperanza de vida, e tendo en conta o esencial papel deste colectivo na sociedade e no núcleo familiar.
O Presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, explica que os pensionistas están sufrindo especialmente os efectos da crise, pero a xestión do goberno popular está a demostrar o seu compromiso con este colectivo fronte a un goberno socialista que conxelou as pensións.
O Deputado Nacional, Juan Carlos Aparicio, explicou a revalorización das pensións por segundo ano consecutivo pese a crise económica. Segundo explica Juan Carlos Aparicio, este esforzo de revalorización dun 1% das pensións e o incremento nun 4,6% na partida destinada ao conxunto das pensións, manifesta que os orzamentos do Goberno central priorizan o gasto social e as pensións, “a pesar da grave situación económica”.
Pola súa banda, os socialistas pretenden atemorizar aos pensionistas ante a xestión dos populares pola utilización do Fondo de Reserva das Pensións cando a situación económica agora o require. José Manuel Barreiro recorda que este fondo foi creado polo Goberno Popular “sendo os socialistas os que o puxeron en risco e que non traballaron no seu momento pola viabilidade futuro do fondo”.
Barreiro explica que cando houbo superávit na Seguridade Social o PSOE non destinou “nin un só euro a denominada “hucha de pensións”; polo que pide aos socialistas que sexan coherentes, digan a verdade e non atemoricen aos pensionistas. O presidente provincial recorda que foron os socialistas os que conxelaron as pensións e reitera que “o sistema público de pensións é fiable, as pensións están aseguradas e seguirase traballando pola garantía dun modelo de financiamento suficiente”. “O PP esta comprometido co poder adquisitivo das pensións”, conclúe.
O benestar dos maiores preocupa aos populares e así o poñen de manifesto cando os obxectivos en materia social dos populares, entre outros, son evitar toda discriminación por razón de idade, fomentar a presenza de maiores en todos os ámbitos sociais; e tamén promover o acceso dos maiores a educación.