Partido Popular de Lugo

O Goberno de Núñez Feijóo logra que Galicia consiga un éxito moi positivo na internacionalización

10-10-2012.- O candidato por Pontevedra, Javier Guerra, acudeu esta mañá a zona Sur da provincia de Lugo para acompañar aos candidatos lucenses nas visitas aos polígonos industriais de Chantada e Monforte.

Nunha visita a unha fábrica de castañas chantadina, que exporta o 70% do seu produto, os populares fixeron fincapé na importancia da internacionalización e nos éxitos positivos acadados pola nosa comunidade neste senso.

“Gracias ao Goberno de Núñez Feijóo, Galicia está conseguindo uns éxitos moi positivos dende a internacionalización, pasando dun saldo negativo no ano 2008, a un positivo neste ano 2012. Fai catro anos vendíamos menos do que comprábamos, agora, no 2012 vendemos máis do que mercamos” afirmaron os populares.

Os populares puxeron de exemplo a fábrica chantadina para trasladarlle aos pequenos e medianos empresarios que non fai falta só ser grandes empresas para ter éxito no mercado internacional, senón que o que hai que facer é desenvolver un traballo de responsabilidade e serio.

Tanto o candidato por Pontevedra, coma as candidatas lucenses, destacaron a aposta do Goberno de Núñez Feijóo, polos pequenos e medianos emprendedores, a saír fora, ao mercado internacional, quenes expresaron o seu desexo de conseguir unha base de empresas galegas no exterior.

Concluíron os populares falando do Plan Impulsa, un plan que permite que as empresas teñan unhas vantaxes competitivas no investimento e gracias ao cal apoiáronse, en Lugo, 19 novos proxectos de emprendemento que deron traballo a mías de 200 persoas.