O Corgo, 9 de outubro de 2012.- O Corgo e Portomarín foron hoxe os Concellos elexidos polos populares lucenses para levar a cabo os mítines de campaña.
Foi a candidata por Pontevedra, Pilar Rojo, a que viaxou, esta tarde, á provincia lucense, para acompañar aos candidatos, Raquel Arias, José Manuel Balseiro e Susana López Abella.
Nas casas da Cultura de O Corgo e de Portomarín, os populares pediron o voto para Alberto Núñez Feijóo, quen cada día demostra máis a súa garantía da estabilidade.
“Temos a un candidato responsable, rigoroso, realista, serio e comprometido de verdade cos problemas do país, un Alberto Núñez Feijóo que merece a reelección, que demostra cada día máis que é garantía de estabilidade”- manifestaron os populares, quenes engadiron que a última proba que confirma estes argumentos foi o debate de onte.
Din os populares que o líder popular evidenciou que Galicia soubo conter a sangría do paro durante esta última lexislatura, cunha taxa por baixo da media nacional, mentres que autonomías socialistas disparábanse por encima do 30%. Unha realidade que ao candidato socialista non lle gustou e de ahí que tentase impedir que o líder popular a manifestase.
Concluíron os populares afirmando que Alberto Núñez Feióo é sinónimo de garantía dunha Galicia con identidade propia, xa que garante o equilibrio das linguas e a incorporación do inglés como idioma vehicular do ensino.