Barreiros, 9 outubro 2012.- A cabeza de lista do PP por A Coruña, Beatriz Mato acompañou esta mañá aos populares lucenses nunha xuntanza que organizaron con xubilados de A Mariña.
A cabeza de lista por Lugo, Raquel Arias, o coordinador da campaña electoral en Lugo e número tres, José Manuel Balseiro, demáis candidatos lucenses ao Parlamento Galego, así como edís, voceiros e alcaldes estiveron presentes nun concurrido aforo cuxo principal obxectivo foi escoitar as demandas, necesidades e inquedanzas dos asistentes.
Facendo balance da lexislatura, os populares aseguraron que nos últimos catro anos o Goberno de Alberto Núñez Feijóo apostou por facer política para as persoas, un aposta que continúa a ser o compromiso do Partido Popular.
Falou a cabeza de lista por A Coruña dos principais obxectivos que articulan o Plan Galego de Persoas Maiores (2010-2013), un plan feito por e para os maiores de Galicia e que dende o seu inicio contou con 120.000 beneficiarios anuais.
Os populares tamén deron conta da creación das 1.500 prazas públicas en Centros de día en toda Galicia, das 1.100 en residencias para maiores, do incremento nas prazas públicas en centros de alzheimer así coma nos dispositivos para os servizos de teleasistencia domiciliaria.
Lembrou o PP que na actualidade, preto dun 23% da poboación galega está composta por maiores de 65 anos, o que significa que case un de cada catro galegos ten máis de 65 anos, de ahí a súa aposta pola prevención, promoción da autonomía persoal e no envellecemento activo para que os maiores poidan pasar o máximo de tempo no seu contorno, e poidan gozar dunha vida máis saudable, feliz e con maior calidade e benestar.
Concluíron os populares comprometéndose a seguir traballando por un colectivo prioritario nas políticas da Xunta, para que gocen de todas as súas etapas da vida dunha forma plena, san e saudable.