Partido Popular de Lugo

Os populares piden hoxe o voto en Láncara para un presidente que “foi leal con Galicia, cumprindo as promesas electorais que lle permitiu a crise herdada, con honestidade e dicindo a verdade”

Láncara, 8 outubro 2012.-  O edificio polifuncional de Pobra de San Xiao en Láncara acolleu esta tarde o mitin de campaña do Partido Popular no que participaron a cabeza de lista do partido por Lugo, Raquel Arias; o candidato número tres ao Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; xunto co candidato número 11, Ángel Camino.

Os populares pediron o voto para un presidente do que aseguran que foi “leal con Galicia, cumprindo as promesas electorais que a dificil conxuntura económica herdada lle permitiu, con honestidade e dicindo a verdade”. Para os populares lucense o “goberno da Xunta de Galicia foi realista fronte a ficción dos que viven na oposición”.

Os candidatos ao Parlamento de Galicia aseguraron hoxe en Láncara que Alberto Núñez Feijóo é ó único candidato á presidencia da Xunta de Galicia que responde ao que Galicia necesita. “Un político responsable que xestiona con rigor os recursos públicos, o que poderá garantir que Galicia mellore e creza”. O PP procura empezar unha senda do crecemento, da creación de emprego, con máis pedido no naval e máis coches; así os populares queren que en Galicia se pesque máis e mellor; se venda máis textil; en definitiva; se inicie a senda da recuperación económica.

Os populares cren que de seguro non se fixo todo o que “nos gustaría”, pero si “fomos capaces de cumprir co noso deber. “Feijóo fixo o que lle pediron  fai catro anos e cremos que lle pedistedes que non fósemos todos os meses a Madrid a pedir para poder pagar as nóminas”.