Lugo, 8 outubro 2012 .- O PP de Lugo asegurou que a xestión eficiente de Feijóo garante unha sanidade pública máis forte, con máis hospitais e centros de saúde. Así o puxeron de manifesto hoxe no transcurso dun foro sanitario no que interviron o que foi responsable de Sanidade no Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o Presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro e a cabeza de lista do PP de Lugo, Raquel Arias.
Os populares mantiveron este encontro con afiliados e membros da Comisión Provincial de Sanidade, integrada por sanitarios de distintas áreas (médicos, farmacéuticos…) e presidida por José Manuel Piñeiro, co obxecto de analizar a situación do sistema sanitario na provincia de Lugo e abordar as principais problemáticas que afectan a este sector.
No marco deste foro, espertos na rama sanitaria e políticos puxeron en común a súa visión da situación dun sector de “imperiosa necesidade e cuxa garantía da súa eficiencia vén abalada por unha boa política económica e un saneamento da facenda pública” tal e como o puxo de manifesto o presidente do PP provincial, José Manuel Barreiro.
Para o presidente provincial dos populares o esforzo e a responsabilidade manifestada ao longo desta lexislatura por Alberto Núñez Feijóo garantizou unha boa política social que conlevou que Lugo e Galicia conten con máis infraestruturas hospitalarias que dan unha mellor cobertura sanitaria necesaria na provincia dada a dispersión poboacional.
Así o puxo tamén de manifesto a cabeza de lista do PP pola provincia de Lugo, Raquel Arias, ao asegurar que «a xestión dun goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo garante unha sanidade pública máis forte». Arias avalou estas verbas «co traballo realizado polo Executivo galego nos últimos tres anos e medio, nos que, aquí se abriron máis hospitais, como o HULA, e centros de saúde, como os de Sarria, Carballedo e Monterroso, mentres que noutras comunidades, caso de Cataluña, están a cerrar tanto hospitais como centros de saúde»
.
Para PP, o realizado por Feijóo é unha proba de compromiso e xestión eficiente, o que, xunto co bo traballo que desenvolve o persoal do Sergas, fan que a sanidade galega estea hoxe considerada entre ás mellores de Europa, un lugar no que no PP queremos seguir manténdoa para beneficio de todos os galegos.