Luns 8 de outubro de 2012.- O candidato número 2 por Pontevedra, Alfonso Rueda, a candidata número 2 por Coruña, Rosa Quintana, Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro e a meirande parte da candidatura lucense as Eleccións Autonómicas, levaron a cabo este mediodía, un paseo electoral polo feiral de San Froilán.
Os populares manifestaron que o Partido Popular en Galicia é sinónimo de estabilidade, confianza e recuperación e proba diso vese reflectida en que é a primeira en afrontar a crise e será a primeira en saír dela.
“Foi Alberto Núñez Feijóo o primeiro en ver a crise, en facer un diagnóstico preciso do que estaba ocurrindo en Galicia e no resto de España, foi o primeiro en tomar decisións que había que tomar”- manifestaron.
Concluíron os populares que é precisamente nas dificultades económicas onde se ve a un gobernante de verdade e que foi xustamente a boa xestión de Alberto Núñez Feijóo a que deu lugar a unha Comunidade con menos déficit público, que non ten débeda cos proveedores e que non pedíu ningún préstamo ao Estado.