Monforte, 5-10-2012.- A candidata ao Parlamento Galego, Julia Rodríguez, destacou esta mañá os compromisos da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas na Comarca do Lemos.
Afirmou Julia Rodríguez que o investimento deste Departamento nesta lexislatura foi, na Comarca do Lemos, de 145,5 millóns de euros; unha cantidade económica para impulsar o avance en vías e infraestruturas, a modernización do rural, a promoción empresarial e comercial e a mellora dos servizos sociais.
Destacou Julia Rodríguez o avance experimentado por dous grandes proxectos para o sur da provincia, a nova vía de alta capacidade Sarria-Monforte e o Porto Seco, así como as súas conexións tanto con esta estrada como coa N-120.
“A primeira fase do Porto seco de Monforte ten unha inversión final prevista de máis de 5,6 millóns de euros. Os proxectos dos enlaces xa foron sometidos a información pública, e supoñen investimentos de máis de 23 millóns de euros” -manifestou Julia Rodríguez.
“No tocante á obra do corredor, próximamente estará listo para entrar en funcionamento o primeiro tramo, entre os enlaces de Sarria Sur e O Incio”- afirmou Rodríguez.
A candidata ao Parlamento Galego destacou tamén as obras de mellora e ampliación do sistema de abastecemento de auga municipal que se puxeron en marcha este verán para a construcción da Estación de Tratamento de auga Potable en Ribasaltas.
Concluíu a popular destacando o esforzo inversor que realizou o Goberno da Xunta na comarca de Lemos, atendendo sempre “ao conxunto dos cidadáns, tendo en conta as necesidades dos distintos lugares e non a ideoloxía política do goberno local”.