Partido Popular de Lugo

O compromiso e a boa xestión do Goberno de Núñez Feijóo permitiron que Sarria conte cun dos centros de saúde máis grandes da provincia

Sarria, 3 de outubro de 2012.- Os candidatos número 8 e 11 da provincia por Lugo as Eleccións Autonómicas, Jaime Íñiguez e Ángel Camino, destacaron esta mañá o compromiso do Goberno de Alberto Núñez Feijóo na Comarca de Sarria en materia de sanidade.

Lembraron os populares que Sarria ten unha poboación protexida, de preto de catorce mil persoas, das que máis de 1.400 son menores de 15 anos e máis de 13.500 son maiores de 64, polo que unha instalación destas características era imprescindible para atender as súas necesidades.

Íñiguez e Camino fixeron especial fincapé no Centro de Saúde de Sarria, unha instalación na que o Executivo Galego investiu preto de 4 millóns de euros para a súa  construcción e o seu equipamento.

“Gracias a boa xestión do Goberno de Núñez Feijóo, os cidadáns de Sarria dispoñen a día de hoxe dun Centro de Saúde modélico que alberga, ademáis das consultas de mediciña xeral, pediatría e enfermaría, servizos coma odontoloxía xeral, hixienista dental, fisioterapia, reumatoloxía, radioloxía ou matrona”-manifestaron.

Insistiron os populares en que a posta en marcha deste novo Centro de Saúde iniciou unha nova etapa na atención sanitaria que se presta aos cidadáns deste concello lucense, xa que se presta aos cidadáns deste concello así coma servizo de urxencias e algunas especilidades para o resto da comarca, funcionais e axeitadas ás necesidades asistenciais actuais. Tamén destacaron a evidente mellora para os profesionais, xa que traballan con máis medios técnicos e en mellores condicións.

Un Goberno que destinou os recursos económicos necesarios para mellorar a calidade da asistencia e achegar o maior número posible de servizos aos usuarios.