Partido Popular de Lugo

Arias e Castiñeira afirma que, en tres anos, Feijóo multiplicou por catro en Lugo o número de beneficiarios da lei de dependencia

Martes, 2 de setembro de 2012.- No balanzo do Partido Popular dos catro anos de Feijóo coa cidade de Lugo hai que destacar os 40 millóns de euros que se investiron para dotar de equipamento á infraestructura máis importante da historia do municipio. Os candidatos populares, explicaron que “logo de que o bipartito deixou un edificio baleiro a Xunta do PP tivo que facer unha consignación millonaria para dotar de contido e de equipamento necesario para poñer en marcha este centro hospitalario”.

Arias e Castiñeira non pasaron por alto o compromiso do candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta no ámbito social destacando que “das 484 persoas que había coa dependencia recoñecida antes da chegada de Feijóo pasáronse ás 1932”. Tamén subliñaron que se fixo un esforzo na rehabilitación destinando máis de catro millóns de euros á Tinería ou a entrega de 85 vivendas de promoción pública, ás que hai que sumar as 192 que están neste momento en execución.

Ámbolos dous populares matizaron que foi o goberno do Partido Popular o que rematou o parque empresarial das Gándaras puntualizando como “entre maio do 2009 e febreiro do 2010 investíronse máis de 30 millóns de euros para impulsar esta infraestrutura”.

Outro dos compromisos do candidato do PPdeG con Lugo foi o Plan Impulsa e os 3.5 millóns de euros que se acaban de contratar para execución da ponte Paradai.

Por último, Raquel Arias e Jaime Castiñeira puxeron de manifesto que a obra do novo auditorio de Lugo é un exemplo claro do compromiso de Feijóo coa cidade xa que “en tempos de crise económica, adxudicou por case 20 millóns de euros a construcción do último gran centro destas características de Galicia”.  Matizaron que “á chegada de Feijóo  en 2009 non había nada pechado” lembrando “os atrancos que puxeron os nacionalistas, socios de goberno do alcalde Orozco, para construir o ansiado auditorio de Lugo desbotando o proxecto inical que había para o cuartel de San Fernando e logo retrasando o comezo da obra en Magoi”.

O Partido Popular pregúntase como poden ter os socialistas de Lugo “a cara dura de criticar unha obra que se está a executar cos prazos previstos,  cando el é incapaz de abrir o seu mausoleo soterrado en Frigsa, o Mihl, que custounos aos lucenses 12 millóns de euros”.

Con respecto ao cuartel de San Fernando os populares advertiron que o edificio segue sendo propiedade municipal e indicaron que “a situación na que se encontra o inmoble é froito das liortas entre socialistas e nacionalista xa que o futuro do edificio variou de uso” en relación ao veto que o BNG puxo para que o auditorio se fixera neste emprazamento”.