Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo destaca os 177,5 M€ que o Goberno de Núñez Feijóo investíu na comarca da Montaña

Lugo, 1-10-2012.- A cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias, e os candidatos 7 e 11 na lista por Lugo as eleccións Autonómicas, Isabel García Pacín e Ángel Camino, fixeron balance esta mañá da lexislatura na Comarca da Montaña.

Arias, García Pacín e Camino destacaron os 177, 5M€ que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo investiu na Comarca da Montaña, facendo especial fincapé na Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, quen destinou 27,8 millóns de euros para acondicionar, manter, conservar e mellorar as estradas desta comarca.

Así mesmo, os tres representantes do PP incidiron das novidades proudicidas durante esta lexislatura no eido da educación, posto que ata catro centros educativos da zona se encontran incluídos dentro do programa Abalar, para o que foron dotados de material informático e pizarras dixitais, e un centro máis forma parte da rede de centros plurilingües.

Destacaron os populares a labor da Consellería de Traballo e Benestar, quen,  logo de que o Bipartito entorpecese todo o traballo dos populares de Baleira e de Lugo para a contrucción da Residencia de Baleira- O Cádavo, apostou por este necesario Centro e fai unhas semanas adxudicou as obras para a súa construcción. “Gracias  actual Xunta de Galicia a Residencia do Cádavo-Baleira será unha realidade”-manifestaron, quenes engadiron ademáis, que no que atinxe á dependencia, multiplicouse por catro as persoas dependentes atendidas na comarca.

Os tres candidatos ao Parlamento de Galicia tamén resaltaron a posta en marcha do vehículo contra incendios que a Xunta de Galicia puxo en marcha entre Navia de Suarna,  Becerreá e Cervantes, algo necesario e que outros deixaron de lado.

Concluíron os populares destacando a aposta do Goberno de Núñez Feijóo polo crecemento empresarial na Montaña, e para elo, citaron os máis de 9.6 millóns de euros, que este Executivo investíu, a través do Plan Impulsa Lugo; unhas axudas derivadas a través do IGAPE para o mantemento de empresas e postos de traballo. “Un goberno que loita para paliar esta crise económica axundando aos empresarios e emprendedores”- manifestaron.