Viveiro, 28 de setembro de 2012.- A número dous dos populares pola Coruña, Rosa Quintana, a cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias e o Coordinador da Campaña electoral en Lugo e número 3 da lista ás Eleccións Autonómicas, José Manuel Balseiro, mantiveron hoxe unha xuntanza cos profesionais do mar: Patróns maiores e Armadores e Representantes da Federación Provincial de Cofrarías.
O obxectivo desta xuntanza foi trasladarlle a este sector, tan importante na costa lucense, as políticas levadas a cabo nesta lexislatura con respecto a esta temática.
Salientaron os populares o investimento do Goberno de Núñez Feijóo na mellora dos servizos chamados a garantir a vida e integridade física dos profesionais do mar. Falaron tamén do helicóptero Pesca 2 que recibiu 15 millóns de euros ao obxecto de dobrar a súa tripulación de voo, e garantir deste xeito a súa plena operatividade as 24 horas do día e os 365 días do ano, coas correspondentes melloras na súa base loxística situada en Celeiro.
Ademáis os populares deron conta das iniciativas para acadar unha Política Pesqueira Común favorable aos intereses de Galicia e un proxecto de apoio aos pósitos.
Concluíron os populares anunciando que nas vindeiras datas o partido manterá un almorzo de traballo no que estarán convidados tódolos representantes do sector pesqueiro.