Vilalba, 28-9-12.- Nun almorzo informativo co sector forestal o PP de Lugo escoitou as súas peticións e suxerencias para incluilas no seu programa electoral de cara ao 21-0.
En dito encontro participou a número 2 da lista pola provincia de A Coruña, Rosa Quintana, a cabeza de lista dos populares por lugo, Raquel arias, o Coordinador da campaña electoral en Lugo e número 3 da lista, José Manuel Balseiro así coma outros representantes do Partido Popular na provincia.
O acto iniciouse facendo un balance da lexislatura, onde se destacou o Goberno solvente, riguroso e de boa xestión de Alberto Núñez Feijóo.
Centrándose máis no sector forestal, os populares manifestaron que “toda a sociedade galega ten que comprometerse con este sector, posto que temos a necesidade de ordear e certificar os nosos montes para poder comercializar a nosa madeira e facer máis rendibles os nosos montes”- manifestaron.
Concluíron os populares, que hai que buscar alternativas para que todos eses cartos que se están malgastando na extinción dos incendios se poidan aproveitar para axudarlle ao sector forestal a sacar proxectos productivos.
Un concurrido e moi participativo almorzo que acolleu a máis de 100 persoas.