Partido Popular de Lugo

A cabeza de lista do PPdeG pola provincia de A Coruña participou no Foro de Discapacidade que organizou o PPdeLugo

Lugo, 24-9-12.- A cabeza de lista do PPdeG pola provincia da Coruña nas vindeiras eleccións autonómicas, Beatriz Mato, participou esta tarde no Foro de Discapacidade organizado polo PPdeLugo.

Acompañada pola cabeza de lista dos populares por Lugo, Raquel Arias e polo Coordinador da campaña electoral en Lugo e número tres da lista, Beatriz Mato, recordou as máis de 580 prazas públicas para discapacidade que puxo en marcha a Xunta de Galicia e lembrou que continuaría a traballar cóbado con cóbado cos colectivos asociativos deste ámbito ao obxecto de mellorar a integración en igualdade e plena calidade de vida das persoas con necesidades especiais.

Ao mesmo tempo o foro serviu ao PP como foro para coñecer cales son as inquedanzas deste colectivo e poder incoporar as súas suxestións e propostas ao futuro programa electoral.