Vilalba, 21-9-2012.- O Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, a cabeza número un da lista por Lugo, Raquel Arias, o Coordinador da campaña electoral en Lugo e número 3 da lista, José Manuel Balseiro, o número 4 da lista, Agustín Baamonde, Alcade de VIlalba e outros representantes do PP na Comarca da Terra Chá, mantiveron esta mañá, en Vilalba un almorzo informativo para escoitar aos empresarios de dita comarca.
Logo de resaltar os investimentos do goberno de Núñez Feijóo na comarca da Terra Chá, José Manuel Barreiro resaltou a importancia do sector lácteo na zona e destacou o traballo que está a facer o Ministerio de Agricultura e o Goberno da Xunta de Galicia para dar solución a cantidade de problemas que están a ter os gandeiros debido a mala época económica que estamos a vivir.
Barreiro afirmou que o incremento dos prezos das materias primas, o afogamento dos prezos da leite de orixe e a merma no número de explotacións son motivos polos que os gandeiros non poden seguir soportando a suba desmedurada dos custes de producción, de ahí o traballo do partido para solventar esta problemática.
Por outra banda, a cabeza de lista por Lugo as eleccións Autonómicas, Raquel Arias, afirmou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, nos tres anos e medio de lexislatura, investiu 254 millóns de euros, dos que 73 millóns destináronse a infraestructuras e apoiaronse 50 proxectos empresariais gracias ao Plan Impulsa Lugo, con unha montante que mobilizou máis de 5 millóns de euros.
Arias tamén asegurou que na Terra Chá, no ámbito social multiplicáronse,neste ano, por catro, as axudas aos dependientes e tamén por 4 o número de dependentes atendidos con respecto ao 2009.
Co de hoxe, é o terceiro almorzo informativo que desenvolveu o PP na provincia nesta precampaña. Unhas xuntanzas que están a ser un auténtico éxito e que contan cunha gran afluencia de persoas.