Partido Popular de Lugo

O Alcalde de Ribadeo foi informado persoalmente dos termos do convenio para a construcción dunha nova escola infantil no seu Concello

Ribadeo, 13 de setembro de 2012.-  O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, foi informado persoalmente polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, dos termos da construción dunha nova escola infantil no seu concello. Polo tanto, é sorprendente que fale de «fraude na letra pequena» da resolución publicada hoxe no DOG cando el xa fora informado.
Non é certo que no convenio asinado co Ministerio se estableza que Xunta e Estado poñen «a partes iguais as cantidades». O convenio recolle únicamente una determinada aportación económica por parte do Goberno central e non establece ningún requisito nin ningún impedimento para a cofinanciación por parte das administracións autonómica ou local. É máis, esa cofinanciación é imprescindible para acadar o investimento necesario para a construción dos devanditos centros infantís.
Respecto á data de publicación, a encomenda recollida hoxe no DOG non é máis que un trámite interno da Consellería de Traballo e Benestar destinado a que o Consorcio poida comezar coas actuacións conducentes á licitación dunhas obras que, por outra banda, xa foran anunciadas na súa meirande parte. De feito, cabe recordarlle ao alcalde de Ribadeo que o pasado 6 de febreiro esta escola infantil xa figuraba no convenio de Educa que foi publicado no BOE e lembrarlle, tamén, que as achegas municipais non son novas na xestión destes convenios.