Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións organiza en Mondoñedo un encontro para que a mocidade achegue propostas ao programa electoral do PPdeG

Mondoñedo, 9 de setembro de 2012.- A casa da xuventude de Mondoñedo acolleu esta tarde un acto de precampaña que reuniu a destacados dirixentes populares -entre eles o presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro- con membros de Novas Xeracións.

O foro tiña por obxecto ser un espazo nos que os mozos populares achegaran distintas propostas que puideran ser incorporadas no programa electoral co que o Partido Popular concorrerá ás vindeiras eleccións autonómicas do 21 de outubro.

PROPOSTAS

Integrantes de Novas Xeracións e concelleiros mozos fixeron unha serie de suxestións en temas tan variados como a habilitación dun sistema galego de bolsas, o mantemento das políticas que fan das taxas universitarias galegas as máis baixas do conxunto de España ,ou propostas varias en ámbitos como o emprego e a mellora da empregabilidade da xuventude ou sobre a formación profesional dual, que busca ser un sistema de aprendizaxe que une aspectos teóricos e prácticas na empresa.

A xuventude ten un papel cada vez máis protagonista no Partido Popular e no presente e futuro de Galicia e, nesa liña, resulta imprescindible para os populares lucenses darlles voz e contar con eles á hora de desañar a folla de ruta que esta formación política presenta ante o electorado para os vindeiros anos.Ademais da presenza do presidente dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, e o dirixente autonómico, Juan Francisco López e provincial da agrupación xuvenil, Daniel Vega, tamén participaron no encontro Ovidio Rodeiro, actual director xeral de Xuventude, de Elena Candia, portavoz local de Mondoñedo e do Grupo Popular na Deputación e de Jose Manuel Balseiro, coordinar de campaña e integrante do equipo autonómico encargado de redactar o programa electoral.

CEA NA FESTA DOS REMEDIOS

Tras achegar as súas propostas programáticas os mozos populares compartiron unha cea de confraternidade nos postos que Mondoñedo acolle co gallo dunha das súas festas máis tradicionais, a da Virxe dos Remedios.