Partido Popular de Lugo

Barreiro: «Galicia é hoxe quen valida o modelo de política nacional»

Santiago, 8 de setembro de 2012.- Na proclamación de Alberto Núñez Feijóo como candidato á Xunta de Galicia, o Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, recalcou que «hoxe Galicia é máis dona do seu destino gracias, a que ese rapaz dos peares, que foi a Escola en Lugo, foi quen de sentar os piares do futuro da comunidade».

Barreiro destacou que hai un Fraga do século XX e un Fraga do século XXI, que é Alberto Núñez Feijóo. Afirmou, o líder dos populares lucenses, que Galicia é hoxe quen valida o modelo de política nacional, porque o que aquí se fixo vese que da resultado: aplicar o sentido común e pagar o que se debe». Fronte aos logros de Alberto Núñez Feijóo, a quen atribuíu a palabra austeridade do diccionario para levala a realidade, Barreiro aludíu á alternativa socialista e remarcou que non quere para Galicia a quen ten unha concepción errada, quen só cre en si mesmo e a quen non queren nin eles.