Lugo, 6 de setembro de 2012.- O PPdeLugo celebrará máis de 300 actos electorais en todos os concellos da provincia co obxecto de revalidar a confianza maioritaria dos veciños no proxecto político que lidera Alberto Núñez Feijóo.
Así o explicou hoxe en rolda de prensa José Manuel Barreiro, na que tamén deu conta da constitución do Comité de Campaña, cuxo coordinador será José Manuel Balseiro, Secretario Xeral dos populares lucenses.
COMITÉ DE CAMPAÑA
Responsable Político: JOSÉ MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ
Coordinador de Campaña y Dirigentes Nacionales : JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL
Gerente de Campaña: MANUEL JULIO PLATERO CAMPO
Responsable de Actos Públicos y Sectoriales: MANUELA LÓPEZ BESTEIRO
Responsable de Interventores y Apoderados: JOSÉ SÁNCHEZ PARDIÑO
Responsable Voto por Correo: ELVIRA MISIEGO TRABADO
Responsable Mailing: MANUEL CASTRO FERREIRO
Responsable de Emigración: FERNANDO PENSADO BARBEIRA
Responsables de Formación: JOSÉ JESÚS RAMOS LEDO
Responsable Jurídico: EUGENIO CORRAL ALVAREZ
Responsables Campaña Novas Xeracións: DANIEL VEGA PEREZ
Coordinadora Actos de Lugo: LOURDES YAÑEZ GARCÍA
Os populares lucenses sumaron nas pasadas eleccións autonómicas ao proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo oito dos quince escanos a repartir na nosa provincia: a maioría absoluta. Barreiro explicou que o reto será ampliar estas boas cifras e facer de Lugo unha provincia decisiva na consolidación do proxecto popular.
O PPdeLugo mobilizará 3.000 persoas entre apoderados, interventores e axentes electorais que se encargarán da difundir o programa electoral. A pre-campaña comezará con diversos actos para facer balance da lexislatura que remata.
Desde o PP sinalaron que a campaña buscará pedir o apoio “a pé de rúa” dos cidadáns lucenses feitos que se materializarán en diversos mítines, actos públicos sectoriais e xornadas. “Aspiramos a contar de novo coa confianza maioritaria dos veciños de Lugo para xunto ao presidente Feijóo consolidar unha terra de primeira, moderna e activa e fuxir de experimentos raros como os do bipartito, que saen caros e ofrecen incerteza e indefinición”.
“No PP cremos no noso candidato, cremos no noso proxecto e estamos orgullosos da nosa xestión na Xunta. Imos trasladar ese entusiasmo á sociedade, a que valoren todo o que se fixo nestes tres anos e medio a pesar dunha crise brutal e unha herdanza envelenada”- dixo Barreiro, quen se amosou convencido de que “nos renovarán a confianza”.