LUGO, 6 de xullo de 2012.- O Presidente provincial do Partido Popular e Voceiro do GPP no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado de voceiros, alcaldes, Deputados provinciais, Autonómicos e Nacionais, saíron a rúa para dar conta da campaña de afiliación.
Na praza de Santo Domingo e baixo o lema “Contigo Lugo será + popular”, os populares deron a coñecer a campaña que trata de sumar novos afiliados ao proxecto político “máis ilusionante e comprometido con esta terra: o que representa as siglas do PP de Lugo”-manifestou José Manuel Barreiro.
Lembrou o Presidente do PP de Lugo que o seu partido finalizou este martes, en Foz, a explicación da verdade das reformas pero que continuará traballando e volve agora saír a rúa para animar á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise.
O líder dos populares en Lugo animou a Sociedade Lucense a participar no proxecto popular xa que ofrece un canle de participación, de coñecemento dos problemas que ten a sociedade e de darlle solución.
Concluíu Barreiro que nos momentos de difícil situación económica os políticos teñen obriga de dar resposta polo que os populares continúan abertos a todo o mundo e da forma que implica un maior compromiso: a través da participación activa na vida do partido