Partido Popular de Lugo

Barreiro lanza unha mensaxe de tranquilidade aos empresarios mostrándose convencido de que España sairá da crise

Lugo, 6 de xullo de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asistíu esta mañá ao I Foro-Almorzo Informativo organizado por NNXX do PP da provincia de Lugo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Lugo (AJE).

Comezou o líder dos populares lucenses a súa intervención explicando a situación económica do país, un contexto derivado dun problema de débeda externa que provoca un problema de financiamento moi grave

“Esta Débeda externa multiplicouse por tres nos últimos anos, non se tomaron as medidas axeitadas e esto obriga a resolver un problema de déficit e a acometer reformas”- manifestou

José Manuel Barreiro explicou as medidas acometidas polo Goberno Central para combater a actual situación da economía no noso país e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos empresarios.

“Dentro da gravedade, temos que ver as cousas con ilusión porque desta actual situación económica, España vai a saír gracias as medidas que está levando a cabo o Goberno de Mariano Rajoy”- manifestou.

José Manuel Barreiro fixo especial fincapé na Reforma Laboral e, dende a prudencia, asegurou que xa empezan a notarse os resultados posto que está sentando as bases da xeración de emprego indefinido e autónomo.

“Eu non quero ser triunfalista porque hai máis de 5 millóns de españoles que ainda non teñen a oportunidade de contar cun emprego. É certo que os datos son bos pero hai que ser prudentes,- manifestou Barreiro, quen lembrou que “catro meses despois da reforma laboral prodúcese o maior ascenso de cotizantes nos últimos catro anos e que nos atopamos no mellor mes de xuño en 16 anos onde o número de desempregados baixou en preto de 100 mil persoas (98.853 concretamente), no mellor xuño dende 1996.

Fixo especial fincapé o Voceiro do GPP no Senado na nosa Comunidade

“O paro reducíuse en Galicia en máis de 7.000 personas e situouse en máis de 260 mil traballadores, un 2.68% menos que o mes anterior.”-afirmou Barreiro, quen manifestou que estes datos positivos débense a boa xestión do Goberno de Mariano Rajoy en España e de Alberto Núñez Feijóo en Galicia.

Falou tamén Barreiro da Reforma da Sanidade, da Reforma da Educación, do acordo acadado o pasado venres no Consello Europeo, do Plan de Pago a Proveedores, da Futura Lei dos Emprendedores ou da Lei de Dinamización do Comercio Minorista e conclúeu a súa intervención asegurando que a primeira reforma que fixo o Executivo Central foi dicir a verdade e mostrouse convencido de que gracias as medidas que está adoptando o Goberno de Mariano Rajoy, España sairá da crise económica e volverá a recuperar o prestixio internacional que nunca tería que haber perdido.