Lugo, 5 de xullo de 2012.- A última Xunta Directiva Provincial ven de nomear, por unanimidade, a José María Teixido, Presidente da Xestora en Guitiriz, quen exerce, ademáis, de Alcalde deste Concello lucense dende o pasado mes de maio de 2011.
Ademáis do Presidente, figuran como membros da mesma: o Vicepresidente e Secretario de Cultura e Educación, José Blanco; o Secretario Xeral: Antonio Losada, o Secretario de Organización: José Manuel Rivera; a Voceira e Secretaria de Xuventude, Sanidade e Deportes, Ana Broz; a Secretaria de Benestar Social, Igualdade e Dependencia: María Manuela Carballeira García; o Secretario de Agricultura e Gandeiría: Serafín Pereira Díaz, a Secretaria de Industria e urbanismo: María del Carmen Saavedra; o Tesoureiro: Javier González e o Vicetesoureiro e Coordinador: José Trinidad.
Figuran ademáis de vogais: Jesús Tomé, Roberto Pereira, José Luis Seren, María de los Ángeles Río, Patricia Paredes, Daniel Otero, Katy Blanco, Ana María Roca, Manuel Ferreiro, Jesús Bergantiños, Jose Morandeira, María del Carmen Piñeiro e Carlos Tomé.
A Dirección Provincial do PP decideu levar a cabo estas modificacións co fin de reconstruír a Directiva Local xa que facía tempo que non se renovaba.