Lugo, 29 de xuño de 2012.- O Partido Popular de Lugo vén de avalar a constitución da Xestora local do Partido Popular no concello de Riotorto que lidera Clemente Iglesias González.
Ademáis do xa coñecido presidente local Clemente Iglesias figuran como vogais: José Luís Lourido, Manuel Rivas, Silvia Díaz, José García, Moisés Salgado, José López, Manuel Pol, Antonio García, María José Portela e Carlos Basanta.
Nas xuntanzas mantidas entre a Dirección Provincial do Partido e a candidatura de Riotorto, Clemente Iglesias foi considerado a persoa idónea para ocupar este rango.
O recente nomeado Presidente da Xestora do PP en Riotorto se iniciou na actividade política no 2011, postulándose como candidato á alcaldía nas pasadas eleccións municipais do mes de maio. É funcionario no Concello, onde exerce as funcións de Secretario do Rexistro Civil e do Xuzgado de Paz, entre outros.
A Dirección Provincial do PP decideu levar a cabo estas modificacións posto que facía moito tempo que non se renovaba.