Partido Popular de Lugo

Barreiro: “As reformas do Goberno Central garanten a Sanidade Pública que os socialistas puxeron en risco”

Chantada, 28 de xuño de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, acudeu esta tarde a Chantada para explicar a verdade das reformas acometidas polo Goberno Central.

Nunha Asemblea Informativa, na que estiveron presentes Voceiros, Acaldes, Deputados Provincias, Autonómicos, da zona sur da provincia, así coma o Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o líder dos populares lucenses manifestou que as reformas do Goberno Central están a arranxar o desastre socialista para garantir unha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade.

Afirmou Barreiro que a Sanidade Pública é algo básico para os cidadáns e que o Goberno Central está facendo as reformas necesarias para garantila.

“Os socialistas herdaron a mellor Sanidade Pública da historia e deixaron unha sanidade pública cunha débeda insostible. Unha débeda de 16.000 millóns de euros, poñendo en risco o suministro de medicamentos a hospitais e centros de saúde”- criticou Barreiro.

Asegurou o Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo que a primeria reforma do Goberno Central foi garantir o suministro de medicamentos, pagando os 12.110 millóns de euros que se lles debía aos proveedores do sistema sanitario e a continuación, aprobar un Decreto de Medidas urxentes para garantir a  sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde.

Conclúeu Barreiro que o obxectivo das reformas é devolver a tranquilidade e a confianza aos cidadáns no futuro do Sistema Nacional de Saúde, na súa Sostenibilidade e na calidade e seguridade das suas prestacións, facendo do mesmo un Sistema máis equitativo, flexible, moderno e eficiente.

CONSELLO EUROPEO

Sobre o Consello europeo, dixo o Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo que debe establecer unha folla de ruta para garantir que o euro é un camiño sen retorno e que a UE está máis unida que nunca.

“España posicionouse entre as catro grandes potencias económicas da eurozona cunha mensaxe clara e contundente pola estabilidade e o futuro do euro coma un proxecto irreversible”-manifestou Barreiro, quen engadeu que hai que loitar polo euro, porque é o proxecto máis importante da UE e demostrou o seu éxito.

Finalizou Barreiro asegurando que as medidas que se acordarán no Consello serán decisivas para arranxar os problemas do noso sistema financieiro, polo que se presentará un plan de crecemento de 130.000 millóns de euros e a base para construír unha Unión Europea máis sólida e solidaria.