Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo traslada aos 67 concellos da provincia a esixencia de dimisión inmediata do Presidente e Vicepresidente da Deputación

Lugo, 18 de xuño de 2012.- O Partido Popular de Lugo pedirá nos 67 concellos da provincia a dimisión “inmediata e irrevogable” de Jose Ramón Gómez Besteiro e Antón Veiga Outeiro como Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo por consideralos os máximos responsables duns feitos que contribuíron a “socavar e denigrar” a imaxe pública da Deputación Provincial de Lugo e por converter ao ente provincial “nun instrumento partidista ao servizo dos seus actuais gobernantes e non do interese xeral dos lucenses que deberan defender e respectar”.

Os populares rexistran varias mocións municipais para o seu debate e aprobación nos respectivos Plenos dos concellos lucenses a través das que censuran e rexeitan o acontecido o martes 12 de xuño de 2012 dia no que varios xornais publicaban un anuncio asinado pola Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo no que o ente provincial asumía o discurso político do BNG e amosaba como si se tratase dunha toma de postura institucional –iso si pervio pago- a súa opinión contraria ao crédito europeo á banca.

O PP sostivo desde o primeiro momento que a devandita publicidade -de marcado carácter partidista- non responde aos criterios contemplados na lexislación vixente sobre as campañas institucionais e evidencia como os actuais responsables da entidade provincial lucense “fan uso de medios institucionais para empregalos como altofalantes da estratexia de comunicación do BNG”.

Estes mesmos feitos levaron ao Partido Popular de Lugo a presentar unha denuncia diante da Fiscalía para impulsar a oportuna investigación por poden ter relevancia penal e constituír un presunto delito de malversación de fondos públicos, pero con independencia da relevancia penal dos feitos descritos os populares esixen que se depuren as correspondentes responsabilidades políticas.

“Parece claro que neste asunto hai claros responsables directos na figura do autor dos feitos, o Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e do seu Presidente, Jose Ramón Gómez Besteiro, como cooperador e encubridor necesario” así reza a exposición de motivos da moción que o PP que remata sinalando que “en política os erros e as irresponsabilidades se asumen a través dun procedemento: a dimisión inmediata e irrevogable dos seus responsables”

Os populares sosteñen que durante todo este tempo as explicacións feitas públicas polos actuais responsables da Deputación provincial non deixan de ser “absolutamente insostibles, incoherentes e incluso contraditorias”, características que proban” a súa falta de credibilidade e fundamento”: Mentres que nun primeiro momento sostiveron que se debía a un erro de maquetación, despois aseguraban que a factura dos diferentes anuncios foron abonadas por agrupación locais do BNG de distintos puntos de Galicia (concretamente Foz e Santiago de Compostela), para rematar asegurando que os devanditos pagos se efectuarán desde o Grupo Provincial do BNG na Deputación de Lugo.

Segundo o PP se xa de por si constitúe un feito grave e rexeitable que no actual contexto económico, os responsables do Goberno bipartito da Deputación de Lugo dean prioridade a unha campaña de confrontación co Goberno do Estado e a Unión Europea, moito máis aínda que se incumpran todas as normas e procedementos mínimos relativos á comunicación institucional empregando a Deputación como si fora o seu “cortixo partidista particular”