Lugo a 14 de xuño de 2012.- O PP de Lugo insta ao Señor Gómez Besteiro, como máximo responsable da Deputación Provincial de Lugo, a que salga da retagarda e explique se está de acordo con esa publicidade partidista emitida en varios xornais e por qué aparece como anunciante desa publicidade o selo da Deputación Provincial de Lugo e da Vicepresidencia Primeira se, como se argumenta agora, pagou o Grupo provincial do BNG esa publicidade.
Os populares cargan contra o Presidente da Deputación posto que “malia que quen suscribe a campaña é a Vicepresidencia, quen anuncia é a Deputación e esta só ten un responsable que non e outro que Gómez Besteiro. Hai aquí unha presunta ilegalidade acometida polo propio Presidente da Deputación”- insiste o PP.
Aos populares sorpréndelles que unha vez que puxeron a denuncia na Fiscalía, salisen os nacionalistas decindo que a campaña foi pagada polo Grupo Provincial do BNG e adxunten facturas deses pagos.
“Presentamos a denuncia na Fiscalía e sale o BNG negándoo, empregando argumentos nefastos, incoherentes, contradictorios, sin sentido algún. Decía o Señor Mario Outeiro que había un erro de maquetación, logo sale o Señor Antonio Veiga decindo que esas facturas se pagaran cos cartos do BNG e non con diñeiro público. As desculpas dos nacionalistas non se sosteñen. Se foi o Grupo Provincial o que pagou as facturas non pode aparecer o selo da Deputación como sinatura do anunciante”. Afirman os populares.
Retoma o PP os argumentos do BNG e os do señor Besteiro de esta maña. “Aseguran que esas facturas están pagadas polo Grupo Provincial do BNG. Nembargantes, nas mesmas, maniféstase que están a cargo do BNG, non do Grupo Provincial. Concretamente do BNG de Foz e do BNG de Santiago. Engaden ademáis os populares, que casualmente, as facturas foron emitidas: dúas o día antes de que o PP denunciase a barbaridade e, unha, o mesmo día que o PP denuncia o caso. Din os populares que as casualidades non existen na política.
O PP asegura que as desculpas dadas pola Deputación non se sosteñen e pide a dimisión do Presidente da Deputación (encubridor desta acción) e Vicepresidente da Deputación (encargado da actuación) polas incoherencias e irresponsabilidades dadas no tocante á publicidade emitida en varios xornais.