Partido Popular de Lugo

Barreiro presidiu esta tarde a interparlamentaria do PP lucense onde explicou as medidas do Goberno de España, centrándose na futura lei de emprendedores

Lugo, 8 de xuño de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP en Lugo, José Manuel Barreiro, presidiu hoxe a interparlamentaria do PP lucense, onde explicou as medidas do Goberno, na campaña informativa “ a verdade das reformas”.

Asegurou Barreiro que o Goberno de Mariano Rajoy está tomando as medidas necesarias para saír deste contexto económico no que se atopa España. Falou da vindeira Lei de apoio aos emprendedores, que regulará a chamada segunda oportunidade para os que desexen crear unha empresa.

“O emprendedores sin éxito co seu primeiro negocio poderán liberarse das cargas para iniciar novos proxectos e por en marcha un novo máis fácilmente. O obxectivo é intentar que os cidadáns que non tiveron éxito pola conxuntura económica recuperen o seu espíritu emprendedor”- manifestou Barreiro.

Afirmou o Voceiro do GPP no Senado e líder dos populares lucenses que o Goberno de España destinará 40 millóns de euros para que os emprendendores poidan por en marcha novos negocios e falou do SPAIN STARTUP INVESTMENT, o novo fondo de financiación que irá destinado ao “capital semente”, é decir, a inversión que precisa unha empresa para dar os seus primeiros pasos e que se canalizará a través do Ministerio de Industria. Un fondo, lembrou Barreiro, que se suma aos 22.000 millóns que o goberno xa destinou a unha línea ICO de apoio ás pymes.

O Presidente do PP de Lugo asegurou que con estas medidas o Goberno de Mariano Rajoy quere facilitar a actividade das pymes españolas dentro e fora do país, polo que extenderá as súas axudas para abrir mercado no exterior a pymes españolas.

Ademáis desta futura Lei para os emprendedores, José Manuel Barreiro tamén explicou as outras reformas acometidas polo Goberno Central coma a sanitaria, educativa ou laboral.