Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Ser solidarios cos que menos teñen e protexer a quen máis o precisa son os obxetivos da reforma sanitaria posta en marcha polo PP”

Mondoñedo, 6 de xuño de 2012.- Outeiro de Rei e Mondoñedo foron os concellos lucenses elexidos hoxe polo Partido Popular de Lugo para levar a cabo as Asembleas Informativas para explicar a verdade das reformas acometidas polo Goberno de Mariano Rajoy.

O Secretario Xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, dixo en Mondoñedo, que o seu partido está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.

Acompañado da Voceira do PP na Deputación e en dito concello, Elena Candia, e demáis Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, o Secretario dos populares lucenses repasou as reformas acometidas polo Executivo Central en tódolos sectores, centrándose, especialmente, na sanitaria e financiera.

Manifestou Balseiro que o sistema sanitario é insustentable, xa que España debe 16.000 millóns de euros, o equivalente, case, ao Orzamento sumado de Galicia dos anos 2011 e 2012, polo que seguir na mesma senda suporía o camiño máis rápido cara á desaparición da asistencia sanitaria gratuíta e universal en España.  Defendeu o Secretario Xeral dos populares lucenses que este sistema establece que os que menos teñen, menos terán que pagar polos medicamentos.

“Poderíase facer o que fixeron os socialistas no 2010; apostar por incrementar o IVE e provocar que todos paguen máis e de forma indiscriminada. Deste xeito os medicamentos subían por igual a ricos e pobres, a pensionistas e parados. Fronte a esta nefasta medida, os populares apostan por un copago solidario de medicamentos. De feito algúns pagarán un pouco máis para que outros non paguen”-manifestou Balseiro.

Asegurou o Secretario Xeral dos populares lucenses que a reforma sanitaria que puxo en marcha o Executivo de Mariano Rajoy protexe a quen máis o precisa.

“Con respecto aos desempregados: os parados de longa duración sen prestación por desemprego non pagarán nin un euro polos medicamentos e os parados que reciben a prestación por desemprego, pagarán como os cidadáns en activo. Con respecto aos pensionistas, aqueles con pensións non contributivas non terán que pagar nada polos medicamentos, os que teñan unha renda inferior aos 18.000 euros ao ano, como moito terán que pagar 8 euros ao mes e aqueles cunha renda superior aos 18.000 euros ao ano, terán que pagar como máximo 18 euros mensuais”- manifestou Balseiro.

Por outra banda, o Secretario Xeral do PP en Lugo indicou que os cidadáns en activo que non teñan a obriga de tributar por ter ingreso baixos ou pertenzan a familias numerosas pagarán o mesmo que ata agora polos seus medicamentos: o 40% do seu valor de mercado. Así mesmo, os que tributen pagarán un 10% máis polos seus medicamentos. Isto quere decir que se abonarán 34 céntimos por unha caixa de paracetamol con receta, agora 43 céntimos. E se abonaban un euro por un antibiótico convencional, agora abonarán 1.25 euros- asegurou Balseiro.

Con respecto ao plan de pago a proveedores nas administracións locais, dixo Balseiro que este programa vela polo cumprimento dos compromisos financieiros adquiridos por tódalas AAPP. No que atinxe a Galicia, dixo o Secretario Xeral dos populares lucenses, que o PP facilitará que se saquen adiante os plans de axuste nos concellos onde sexa oposición para que poidan acceder ao Plan de Pago a Proveedores. Asemade lembrou Balseiro que Galicia, ten maior liquidez porque está entre as comunidades que máis e mellor está colocando a súa débeda, mantendo un diferencial respecto a outras autonomías de ata tres puntos e cun aforro no pago dos intereses superior aos 200 millóns de euros.

A vindeira Asemblea informativa terá lugar mañá xoves, ás 21h no Salón de Actos da Casa do Mar en Burela, na que estará presente o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro.