Ribadeo, 5 de xuño de 2012.- O Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou esta tarde, en Ribadeo, as medidas acometidas polo executivo de Mariano Rajoy.
Acompañado pola Voceira do PP na Deputación, Elena Candia, e demáis Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, o Secretario dos populares lucenses manifestou que o seu partido está facendo fronte a esta mala situación económica, herdada dun goberno socialista, e tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.
“Os resultados empezan a verse. Malia a recesión, España xera emprego”-manifestou Balseiro, quen lembrou os datos recén saídos no tocante ao emprego.
“77.431 afiliados máis á Seguridade Social. Terceiro aumento consecutivo en tres meses. Ademáis o número de contratacións supera o millón de persoas e aumenta a contratación indefinida. Tamén aumenta, por cuarto mes consecutivo, o emprego entre os autónomos. Con case cinco millóns de persoas sen emprego, as cifras continúan sendo moi negativas pero o goberno está garantindo as prestacións por desemprego en plena crise económica e cun orzamento austeiro ”- manifestou Balseiro.
O Secretario Xeral do PP de Lugo fixo tamén fincapé no Plan de Pago a proveedores nas administracións locais como impulso da confianza e credibilidade do país, definindo esta medida coma idónea para sanear, en parte, a difícil situación económica e financieira dos nosos Concellos y CCAA.
Asegurou Balseiro que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude, e moitas veces medo na cidadanía, cando son reformas para garantir o futuro das xeracións. Insistíu, que o Partido Popular sae a rúa para dar a cara e decir a verdade destas reformas, que son, malia que duras, necesarias para saír desta crise provocada por un goberno socialista.
Asembleas informativas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa son a tónica predominante en tódolos concellos lucenses ata a última semana deste mes de xuño, que será cando esta campaña informativa porá o seu punto e final.