Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo lembra a importancia do Plan de pago a proveedores nas administracións locais como impulso da confianza e credibilidade do país

Lugo, 3 de xuño de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e o Deputado Nacional Joaquín García Díez valoraron positivamente o plan de pago a proveedores nas administracións locais que puxo en marcha o Goberno Central, xa que evidencia a vontade do executivo de velar polo cumplimento dos compromisos financieiros adquiridos por tódalas AAPP e como mecanismo excelente para inxectar liquidez a tódolos sectores económicos, abordando un dos grandes problemas da nosa economía.

Lembraron Barreiro e García Díez que este Plan de Pago a proveedores ten duas partes: unha que se refire a Entes Locais, que se empezou a pagar onte (día 2 de xuño) e que segundo os datos remitidos por facenda vai liquidar inicialmente 9.263 millóns de euros no conxunto de Estado, 191 millóns de euros en Galicia e 34 millóns de euros en Lugo. Afirmaron ámbolos dous políticos lucenses con representación estatal que continúa habendo arredor de 1.500 concellos de España que non se adheriron ao plan, e en eles por tanto non se comezou a cobrar onte as facturas pendentes, pero existe unha prórroga ata o 15 de xuño para que eses concellos se unan ao plan, polo que a cantidade final será superior.

Deron conta Barreiro e García Díez das entidades que se adheriron ao Plan en España, sendo en total 3.774  entidades,  das cales 179 pertencen a Galicia e destas 38 a nosa provincia. Asemade manifestaron que o número de facturas líquidas en España é de 1,715,121, en Galicia 109,794 e en Lugo, 24.952 e o número de proveedores aos que corresponden ditas facturas son en Lugo a 1.810 (por desglose: 603 persoas físicas, 1.145 PYME e 62 grandes empresas)

O voceiro do GPP no Senado e o Deputado Nacional aseguraron que se trata dun mecanismo extraordinario que responde ao sentido económico de que si o estado español está tendo marxe para financiarse nos mercados, gracias as reformas emprendidas e a vontade demostrada, cede parte de esa financiación ao sector privado facendo fronte a un dos principais problemas das empresas: liquidez e crédito.

“Representa unha inxección de liquidez que terá un impacto moi positivo sobre a economía nacional e un importante balón de osíxeno para o noso tecido productivo, xa que a morosidade das AAPP afecta negativamente á líquidez das empresas e a integridade da cadea de pagos”- manifestaron.

Insistiron Voceiro do GPP no Senado e Deputado Nacional que con esta gran operación financieira estase a impulsar a confianza e credibilidade de España, un país que paga as súas facturas, xa que nalgúns casos había multinacionais que se estaban replantexando as súas inversións en España.