Viveiro,1 de xuño de 2012.- O Secretario do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, acudeu esta tarde a Viveiro para explicar a verdade das reformas acometidas polo Goberno Central.
Nunha Asemblea informativa, na que estiveron presentes o Deputado Nacional, Jaime De Olano, Deputados Autonómicos, provincias, Alcaldes e Voceiros dos concellos da zona norte da provincia de Lugo, o Secretario dos populares lucenses manifestou que o seu partido está facendo fronte a esta mala situación económica, herdada dun goberno socialista, e tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.
Asegurou Balseiro que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude, e moitas veces medo na cidadanía, cando son reformas para garantir o futuro das xeracións. Insistíu, que o Partido Popular sae a rúa para dar a cara e decir a verdade destas reformas, que son, malia que duras, necesarias para saír desta crise provocada por un goberno socialista. A diferencia dos que agora andan a manipular e alertar a cidadanía, nos saímos a rúa, damos a cara, e non agochamos a verdade, non facemos coma no seu momento fixo o goberno de ZP: agochar unha crise 8 anos- manifestou Balseiro.
Asembleas informativas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa son a tónica predominante en tódolos concellos lucenses ata a última semana deste mes de xuño, que será cando esta campaña informativa porá o seu punto e final.