LUGO, a 31 de maio de 2012.- A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou esta mañá, nunha rolda de prensa, o engano e mentira que continúa a levar a cabo o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, no tocante a construcción e xestión das mini residencias.
De confirmarse a información verquida, SUPLUSA incumple a Lei de Servizos Sociais porque non reúne os requisitos que establece a Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
Asegurou Elena Candia que esta entidade era coñecedora deste requisito previo dende o ano 2010 e así o establecía cando aceptou a encomenda de xestión que lle fai a Deputación para levar a cabo este proxecto.
Así o reflexa a acta da sesión plenaria de 26 de outubro do ano 2010: A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A, co obxectivo de poder cumprir a encomenda de xestión da Deputación provincial e respondendo os requisitos legais que comporta a construcción, posta en servizo e xestión deste tipo de dotacións, está tramitando a súa inscripción no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia, seguindo as esixencias do Título VIII, capítulo I da Lei 13/2008 de Servizos Sociais.
O Partido Popular fará seguimento destas información e pídelle ao Presidente da Deputación que poña a traballar ao equipo humano co que conta nesa institución e deixe de engañar aos cidadáns. Asemade os populares xa rexistraron unha consulta a SUPLUSA apra que de conta dos trámites feitos ata a data.