Partido Popular de Lugo

Barreiro continou hoxe, na comarca da montaña, coas intensas reunións de traballo que está a desenvolver o Partido Popular de Lugo e o están levando a percorrer toda a provincia lucense

BALEIRA, 30 de maio de 2012. O Voceiro do GPP no Senado e Presidente Provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, continuou hoxe, na comarca da montaña, coas reunións de traballo que o Partido Popular Popular lucense está desenvolvendo na provincia de Lugo e onde se abordan temas sociais.

Co de hoxe, falamos do terceiro encontro que o líder dos populares lucenses desenvolveu na provincia de Lugo, sendo o primeiro en Palas de Rei e o segundo na propia cidade da muralla, nos que tamén estivo presente a Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato.

Unhas xuntanzas de traballo para abordar temas sociais, nas que participan os distintos cargos públicos no Parlamento de Galicia, Deputación, Congreso e Senado, e que son un instrumento moi útil para impulsar a actividade do partido e para trasladar propostas en positivo para  o conxunto da provincia.