Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo sae a rúa para explica-la verdade das reformas do Goberno Central

Lugo, 25 de maio de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP en Lugo, José Manuel Barreiro, iniciou hoxe, en Lugo, o reparto de dípticos de informativos para explicar a vedade das reformas. Este reparto englóbase dentro da campaña divulgativa para a que se lanzou a páxina web: www.laverdadedelasreformas.es, e na que tamén se encadran asambleas informativas.

Asegurou Barreiro que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude e moitas veces medo na cidadanía cando son reformas para garantir o futuro das xeracións.

O líder dos populares lucenses, acompañado do Secretario do partido en Lugo, de Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, de Senadores e de Alcaldes e Voceiros, estará presente na meirande parte destes encontros, explicando, a pé de rúa, a verdade e a necesidade das reformas que está levando a cabo o Executivo Central fronte a ese alarmismo, engano e manipulación que están a xerar os socialistas na poboación.

Din os populares que é o seu partido o que ten que facer fronte a este contexto e é quen está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir. Son unhas medidas necesarias para paliar esta crise económica herdada dun goberno socialista”-manifestan.

Asembleas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa serán a tónica predominante en tódolos concellos lucenses ata o vindeiro sábado, día 16 de xuño, data na que esta campaña informativa porá o seu punto e final. Insisten os populares que o obxectivo é decir a verdade das reformas que son a garantía do futuro e ao mesmo tempo tranquilizar e transmitir serenidade e confianza nos españois.