Lugo, 18 de maio de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP en Lugo, José Manuel Barreiro presidiu esta tarde a Xunta Directiva Provincial do Partido Popular en Lugo.
Antes da Xunta Directiva Provincial, en declaracións aos medios de comunicación, José Manuel Barreiro deu conta da campaña informativa que iniciará o Partido Popular. Baixo o lema: “Reformas, Garantía de Futuro”, a campaña ten como obxetivo explicarlle aos cidadáns a verdade das reformas fronte ao alarmismo, engano e manipulación dos socialistas.
“Aos socialistas non lles chegou enganar aos cidadáns durante 8 anos que continúan facéndoo. Agora que os españois non os elexiron, agora que non están no Goberno, minten e alertan á cidadanía das medidas necesarias que está levando o Executivo Central para paliar unha situación nunca vista neste país e provocada por eles. É o Partido Popular quen ten que facer fronte a este contexto e é quen está tomando as medidas necesarias para garantir o futuro das xeracións que teñen que vir. Son unhas medidas necesarias para paliar esta crise económica herdada dun goberno socialista”-manifestou Barreiro.
Neste senso, insistíu o líder dos populares lucenses, que o PP quere lanzar unha mensaxe de tranquilidade a poboación fronte a maneira de facer oposición do PSOE que consiste na manipulación e engano constante.
“Non é o momento para a depresión senón para a esperanza e para que traballemos todos xuntos; non son reformas para alertar senón para garantir o futuro das xeracións”- insistíu Barreiro.
José Manuel Barreiro explicou que a campaña informativa incluirá accións nos medios de comunicación, (220 cuñas de radio e 16 faldóns en xornais) e na rede (11millóns de banners), así coma actos sectoriais por todo o país dos seus cargos públicos.
Manifestou o voceiro do GPP no Senado e líder dos populares lucenses que o PP editou catro dípticos, (‘La verdad de las reformas’; ‘La verdad de la Sanidad’; ‘La verdad de la Educación’; y ‘Reformas, Garantía de Futuro. #la verdad’) para explicar aos cidadáns as razóns desas medidas, facendo fincapé na herdanza dos socialistas. Ademais, o PP lanzou unha páxina web: ‘www.laverdaddelasreformas.es’ para que a xente poida ler con detenemento o por qué das medidas postas en marcha polo Goberno.
Insistíu Barreiro que o obxetivo desta campaña é decir a verdade das reformas que son a garantía do futuro e ao mesmo tempo tranquilizar e transmitir serenidade e confianza nos españois. Asemade asegurou que o PP está cumplindo cunha parte importantísima do seu programa electoral, que recollía o control do déficit, reformas na xestión da sanidade y da educación, a reforma laboral e a do sistema financieiro.
CONSELLO DE POLÍTICA FISCAL E FINANCIEIRA (CPFF)
En canto ao Consello de Política Fiscal e Financieira, o líder dos populares lucenses considérao un pacto de estado. Afirmou Barreiro que o acordado neste Consello é un consenso de primeiro nivel, onde se pon de manifesto a viabilidade dun estado que é capaz de marcarse obxectivos comúns.
Manifestou José Manuel Barreiro que adoptáronse as medidas fundamentais para cumplir cos obxetivos de estabilidade presupuestaria e axuste do gasto público e para garantir a financiación e a liquidez das Comunidades Autónomas, quenes manifestaron o seu apoio ás liñas da futura lei de Estabilidade Presupuestaria, á fixación dunha regra de gasto e a normativa comunitaria que establece sancións a quenes incumplan os obxetivos de estabilidade.
Afirmou o líder dos populares lucenses que se chegou a un acordo para traballar na racionalización do sector público e que todas as Administracións asumiron que as súas contas teñen que ser máis transparentes co fin de adoptar medidas de axuste; ademáis apuntou que adoptaron importantes acordos en materia de liquidez e apoio financieiro.
Reiterou o Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP en Lugo que o cumplimento do obxetivo do déficit é algo clave e imprescindible para poder xerar emprego. Unha iniciativa, dixo, que debe complementarse cun conxunto de medidas estructurais que logren dinamizar a economía e posibiliten a creacción de postos de traballo.