Lugo a 11 de maio 2012.- Máis de trescentas persoas participaron no Foro aberto sobre pensións que tivo lugar esta tarde no Instituto Lucus Augusti. Un foro, adicado especialmente aos séniors, que se enmarca dentro dos que ven organizando o Partido Popular lucense e no que os asistentes puideron aclarar as súas dúbidas e preocupacións sobre o futuro das pensións.
O invitado de honra ao foro de hoxe foi D. Juan Carlos Aparicio, ex Ministro de Traballo, ex_alcalde de Burgos e Diputado Nacional do PP, quen xunto ao Presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, falou do futuro das pensións.
Aparicio, quen formou parte do goberno de José María Aznar, e Barreiro resaltaron o esforzo dos gobernos do PP para a prestación das pensións. Falaron ámbolos dous do Pacto de Toledo, comisión onde se analizou estos días pasados a revalorización das pensións no periodo comprendido entre 2007 e 2011 e a súa relación coa variación de prezos ao consumo (IPC). Lembraron que nos anos 2009 e 2010 houbo un aumento de gasto de 1.354,03 e 1.320,81millóns respectivamente, e a partires de 2011 o gasto reducíuse en 915,34 millóns ola perda neta de 1.2 puntos de poder adquisitivo. O aforro neto por menor valorización será de 881,86 en 2014. Si se efectúa unha compensación entre o percibido de máis entre 2009 e 2010 e deixouno de percibir dende xaneiro de 2011, a perda real comezará a partires do ano 2014, cando a suma das cuantías perdas superará ao percibido de máis.
![]() |
O ex ministro e o Presidente do PP en Lugo e voceiro no Senado, José Manuel Barreiro afirmaron que nun momento crítico para o sistema da Seguridade Social, xa que a crise diminúeu os ingresos e cotizacións e paralelamente, aumentou os gastos en prestacións, os populares incrementan as pensións, mentras os socialistas o que fixeron foi conxelalas.
Ámbolos dous lembraron tamén que a conxelación das pensións en 2011 provocou este ano a perda de poder adquisitivo dos pensionistas de 1.2 puntos porcentuais e acelerará a merma de poder adquisitivo nas pensións contributivas, excluídas as mínimas, a partires de xaneiro de 2014.
Manifestaron os populares que dos 7.3 millóns de pensionistas radicado sen territorio común, únicamente, 2.1 millóns, é dicir, o 28% teñen unha retención do IRPF. O novo gravamen complementario afecta fundamentalmente aos contribuíntes sen cargas familiares. Así, a distribución dos pensionistas afectados polo incremento do IRPF según a súa situación persoal e familiar, a efectos fiscais é a seguinte:
1- Perfil de contribuinte solteiro, viudo ou divorciado ou separado con cargas familiares: o 0.1% dos afectados
2- Perfil do contribuinte casado con cónxuge a cargo: o 36.2% dos afectados
3- Perfil de contribuinte sen cargas: o 63.7% dos afectados
Afirmaron Aparicio e Barreiro que á inmensa maioría dos pensionistas a reforma do IRPF non lles afecta en nada, sendo ademáis o complemento do gravamen temporal (2012-2013) e progresivo.
No tocante ao eido sanitario, o Presidente provincial explicou que España debe 16.000 millóns de euros, o que equivale prácticamente ao Orzamento sumado de Galicia dos anos 2011 e 2012. Recalcou Barreiro, que isto vén a dicir que o Sistema Sanitario está ao borde da quebra e, polo tanto, seguir como ata o de agora supoñería camiñar máis rápido cara a desaparición da asistencia sanitaria gratuíta e universal en España.
Con respecto a isto, lembrou que existía a opción de que todos pagaran máis, tal e como fixo o PSOE cando subiu o IVE de forma indiscriminada na pasada lexislatura e sen progresividade. É dicir, os socialistas subiron os medicamentos por igual a ricos e a pobres, a pensionistas e a parados. Pola contra, a reforma sanitaria do Goberno de Rajoy fai exactamente o contrario: protexe máis a quen máis o necesita. Así, se os parados de longa duración e os perceptores de pensións non contributivas antes tiñan que pagar, agora xa non terán que facelo xa que as súas necesidades farmacéuticas serán cubertas dun modo solidario polo sistema que financiamos entre todos.
Para iso, aos que perciban pensións contributivas de 18.000 euros ou menos ao ano pediráselles que paguen un máximo de 8 euros ao mes polos seus medicamentos e os que teñen pensións superiores aos 18.000 euros pagarán un 10% máis polos seus medicamentos pero non máis de 18 euros ao mes en fármacos.
Como apuntou o líder dos populares lucenses, o PP recoñece o esforzo dos pensionistas pero piden que axuden a manter a gratuidade no sistema posto que ás veces cómpre facer cambios para seguir igual. Neste caso, seguir igual implica non ter que pagar por ir ao médico como sucede no resto de países da Unión Europea e implica poder recibir atención médica en calquera punto de España ensinando unha tarxeta que non é a de crédito.
Por outra banda, Barreiro indicou que os cidadáns en activo que non teñan a obriga de tributar por ter ingresos baixos ou pertenzan a familias numerosas pagarán o mesmo que ata agora polos seus medicamentos: o 40% do seu valor de mercado. Así mesmo, os que tributen pagarán un 10% máis polos seus medicamentos. Isto quere dicir que se abonaban 34 céntimos por unha caixa de paracetamol con receta, agora abonarán 43 céntimos. E se abonaban un euro por un antibiótico convencional, agora abonarán 1,25 euros.
O presidente do PP en Lugo e voceiro do PP no Senado tamén quixo destacar o aspecto da asistencia sanitaria aos estranxeiros xa que a situación actual non permite pagar a cidadáns doutros países o que os seus países de orixe non lles pagan. Dixo Barreiro que nin España nin Galicia se poden permitir ser paraísos quirúrxicos aos que chegar, operarse gratuitamente e marchar, polo que o Goberno central vai combater o turismo sanitario, que lle costa a España máis de 1.000 millóns de euros.