Partido Popular de Lugo

O IMPULSA LUGO DA XUNTA FACILITARÁ A CAPTACIÓN DE EMPRESAS ACUÍCOLAS QUE QUEIRAN INSTALARSE NESTA PROVINCIA

Santiago, 10 de maio de 2012.- O director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, confirmou a preguntas do portavoz popular do Mar no Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, que o plan Impulsa Lugo da Xunta incorpora ao sector da acuicultura dentro do seu plano estratéxico de oportunidades o que permite que as ás empresas que se instalen nesta provincia poidan recibir unha seria de apoios específicos a maiores dos que xa teñen a través das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Así, por exemplo, segundo explicou o director xeral do IGAPE, o Impulsa Lugo facilitará a captación de empresas acuícolas que teñan interese en desenvolver os seus proxectos empresariais na Mariña lucense e facilitará que reciban subvencións específicas en materia de internacionalización dos seus produtos ou de avais cualificados para impulsar os seus investimentos a través da empresa de capital risco XesGalicia.

MELLORES OPORTUNIDADES

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, valorou  moi positivamente estes apoios e sinalou que aquelas empresas que desexen crear postos de traballo e xerar actividade económica na provincia lucense teñen mellores oportunidades para facelo e acceso a condicións de financiamento moito mellores. Sinalou finalmente que os esforzos do Goberno galego por desbloquear a acuicultura serán especialmente beneficiosos para a provincia lucense.