Lugo, 30 de abril de 2012.- O Presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá unha xuntanza con Senadores, Deputados Nacionais e provinciais lucences para explicárlle-las accións que está levando a cabo o goberno de Mariano Rajoy. Nunha rolda de prensa posterior, Barreiro afirmou que nestes catro meses de goberno popular, iniciáronse as reformas que necesita España para supera-la herdanza envelenada que deixou o goberno socialista.
Lembrou Barreiro que os oito anos de goberno do PSOE de Rubalcaba deixaron ao país na situación máis compricada da súa historia democrática, un contexto ao que ten que facer fronte o goberno popular.
“O anterior goberno socialista foi o goberno da deixadez, da mala xestión e do engano aos españoles. Foi o goberno do verbo deixar, pero no sentido máis negativo que pode existir: deixaron unha débeda de preto de 700.000 millóns de euros que obriga a pagar 30.000 millóns ao ano só de intereses. Deixaron un déficit anual de case 100.000 millóns que obriga a presentar un presuposto con menos cartos para tódolos ministerios. Deixaron unha herdanza de millóns de desempregados aos que se destinan case 30.000 millóns ao ano en prestacións. Deixaron unha débeda de 15.000 millóns en Sanidade e deixaron un sistema educativo co maior fracaso escolar de Europa”-manifestou Barreiro.
Repasou o líder popular lucense as reformas que puxo en marcha o goberno de Mariano Rajoy, unhas medidas que, segundo Barreiro, son as que necesita España para superar a herdanza envelenada do PSOE.
Reforma económica
Sobre a reforma económica, lembrou o Presidente Provincial a aprobación da Lei de Estabilidade Presupuestaria e sostenibilidade financieira; recoñeceu Barreiro que os orzamentos son duros, pero necesarios para: 1-correxir a herdanza envelenada do anterior goberno socialista e 2-para paliar a situación dos que peor o están pasando coa crise económica e o desemprego. Lembrou Barreiro que se lles esixíu ás comunidades autónomas o cumprimento dos seus obxetivos de déficit e inxectáronselles 30.000 millóns ás PYMEs e autónomos, obrigando ás administracións a paga-las súas débedas con proveedores.
Reforma laboral
No tocante a reforma laboral, Barreiro asegurou que ten como obxetivo incentivar a contratación de mozos e mozas, parados de longa duración e mulleres; ao mesmo tempo que fomenta a contratación estable e a formación dos traballadores. Trátase, en definitiva, de rematar con esta situación dramática que deixou o anterior goberno.
Reforma da sanidade
En canto a reforma da sanidade, o líder dos populares lucenses asegurou que garante unha carteira común básica de asistencia sanitaria pública, gratuita e de calidade para tódolos españoles, ao tempo que establece uns controis e requisitos para evitar os abusos do turismo sanitario e o despilfarro farmacéutico
Reforma da Educación
No eido educativo, José Manuel Barreiro, afirmou que a estratexia nacional de calidade, reforzará a ensinanza do inglés, reformará a estructura do bacharelato, vinculará a FP á práctica profesional e introducirá criterios de evaluación. Destacou Barreiro, que se fomenta ademáis, a cultura do esforzo e mantén as becas e os salarios docentes
Reforma da Xustiza
No tocante a reforma da xustiza, destacou Barreiro que se revisarán as taxas xudiciais para rematar co colapso nos tribunais e os xuíces volverá a elexir ao seu órgano de goberno, segundo a Constitución
Reforma da Administración
No tocante a reforma da administración, afirmou Barreiro que se reducen conselleiros e ata 80 empresas públicas, unifícanse os oito organismos supervisores nun, limítase por lei o salario dos directivos das empresas públicas e resaltou a Lei de transparencia, que obligará a publicitar toda a información relativa á xestión dos cartos públicos
Reforma bancaria
Sobre o código de Boas Prácticas bancarias afirmou Barreiro que convirte os deshaucios na última opción e limita por primeira vez o salario dos directivos das caixas que foron intervidas o recibiron axudas
No tocante a última medida aprobada no Consello de Ministros do pasado venres, Barreiro lembrou que se trata dun Plan de Loita contra o Emprego Irregular e o Fraude á Seguridade Social, cuxo principal obxetivo é perseguir os comportamentos que atentan contra os dereitos dos traballadores e que afectan negativamente á competitividade das empresas. Insistíu o líder popular lucense, que este plan impulsa o afloramento da economía sumerxida, combate os supostos de aplicación e obtención indebida de bonificacións ou reduccións de cotizacións empresariais á Seguridade Social, corrixe a obtención e o disfrute en fraude de lei das prestacións e identifica situacións fraudulentas, principalmente en casos de falta de alta na Seguridade Social de traballadores.
O Presidente do Partido Popular en Lugo e Voceiro no Senado, conclúeu a rolda de prensa asegurando que son unhas medidas pensadas en paliar unha situación emerxente, herdada do anterior goberno socialista.