Lugo, 19 de abril de 2012.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro e a Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, mantiveron, esta mañá, unha xuntanza cos representantes, alcaldes e voceiros, dos 29 concellos lucenses afectados pola reserva da biosfera.
José Manuel Barreiro e Elena Candia recolleron as queixas dos rexedores, quenes mostraron o seu malestar pola escasa representación e participación que están a ter na xestión destes programas europeos que se están executando nos terreos da reserva da biosfera.
Barreiro e Candia aseguraron que estas queixas teñen maior calado si se ten en conta que na reserva da biosfera de Terras do Miño, o 74% dos alcaldes do territorio, son do Partido Popular, polo que demandan que as súas propostas teñan unha maior repercusión e receptividade por parte da Deputación de Lugo.
Asemade, o Grupo Provincial, en colaboración cos representantes do PP en Madrid, transmitiron aos asistentes a tranquilidade de que a xustificación destes programas gozarán do rigor e control preciso que, como xestión de diñeiro público merecen, máximo, ademáis, no momento económico que estamos a vivir, e, por conseguinte, ter a completa garantía de que esa cantidade económica se destina aos fins que Europa envía.
Presidente provincial e Voceira na Deputación lembraron que no debate de orzamentos, o señor Gómez Besteiro resaltou que a Unión Europea premiou á Deputación lucense pola súa xestión, algo que non é de todo veraz.
Lembran Barreiro e Candia que este convenio recurríu da man do Ministerio de Medio Ambiente Rural e Marino, o que todo apunta, e da que sospeitar, que foi a mesma ideoloxía a que estivo presente a hora de atribuír os premios e cuantías.
Os populares apoiarán e aplaudirán, sempre, que a xestión repercuta en diñeiro para Lugo, pero no momento económico, no que nos atopamos, mirarán con lente, o rigor e rentabilidade desas cuantías económicas, para que na provincia repercutan en fines reais e non en electoralistas.