Partido Popular de Lugo

A MARIÑA LUCENSE PODE CONVERTERSE NA CAPITAL GALEGA DA ACUICULTURA GRAZAS AO IMPULSO DA XUNTA

A Mariña, 17 de abril de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha pregunta parlamentaria na que se interesa polos incentivos que o plan da Xunta Impulsa Lugo contempla en beneficio das empresas acuícolas que decidan establacer as súas piscifactorías na nosa provincia. Deste xeito, as bisbarras da Mariña lucense poden converterse na capital galega de acuicultura -grazas ao impulso da Xunta- xerándose novas  oportunidades de emprego e novos proxectos empresariais.

Jose Manuel Balseiro lembrou que o Goberno galego vén de aprobar nas pasadas datas a Estratexia Galega da Acuicultura e o Plan de Acuicultura do Litoral, que recollen a planificación estratéxica desta industria dedicada  á cría de peixes en catividade para os próximos anos. Nestas ferramentas se establecen os criterios -fundamentalmente condicionantes de  tipo ambiental e de integración paisaxística-  para que  poidan instalarse novas piscifactorías ou ampliacións das xa  existentes nos distintos puntos do litoral. Segundo explica Jose Manuel Balseiro, a inmensa maioría dos concellos da costa lucense cumpren estes criterios, polo que nesta comarca habería disponibles localizacións situadas preto do mar, en cotas topográficas baixas -o que reduce o custe en enerxía para impulsar a  auga do mar ata as piscinas das piscifactorías- e con disposición dunha excelente calidade biolóxica nas súas augas.

En definitiva, a través desta pregunta parlamentaria Balseiro quere coñecer os incentivos que fan  da costa lucense un espazo ideal, en contraposición ao resto do litoral galego. O voceiro popular do Mar amósase convencido a que nun momento de  crise como o actual e, de xeito especial, polos condicionantes económicos que hoxe existen á hora de poñer en marcha novos investimentos, as  empresas acuícolas saben que si apostan pola creación de novas piscifactorías na costa lucense  poderán ter unha dobre vantaxe: xa que nesta provincia a Xunta puxo en marcha o Plan Impulsa Lugo que contemplan unha liña de axudas específicas para a dinamización deste tecido empresarial