Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: CÓMPRE RECUPERAR A CORDURA XURÍDICA ANTE AS ANOMALÍAS URBANÍSTICAS QUE OS TRIBUNAIS DIN PROTAGONIZOU O GOBERNO DE VIVEIRO

Santiago, 12 de abril de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe durante a súa intervención na Comisión de Urbanismo do Parlamento de Galicia, que “cómpre recuperar a cordura xurídica ante as anomalías urbanísticas protagonizadas polo Goberno municipal de Viveiro”. Lembrou ademais que estas irregularidades descritas -tras o outorgamento de licenzas por silencio administrativo e carecendo dos obrigados informes técnicos, xurídicos ou sectoriais- non son froito dunha interpretación partidista “senón afirmadas e consideradas como feitos probados por sentencia firme polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)”.

De feito a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do máis alto tribunal galego, confirmaba sentencias anteriores a anulaba a licenza outorgada polo Executivo muncipal que preside o socialista Melchor Roel, cando o 4 de decembro de 2006, autorizaba construír un edificio de 200 vivendas no lugar de O Coído, en Covas.

Neste senso a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, sinalou -en resposta a Balseiro- que non pode aceptarse que unha licenza que se outorga cos informes técnicos e sectoriais negativos, ou carecendo deles, -como fixo o Goberno municipal de Viveiro- poda ser axustada a dereito. E lembrou que os técnicos municipais que censuraban as decisións do alcalde en  materia de urbanismo “son os máximos garantes de que os proxectos de edificación presentados son coformes á lei e ao planeamento municipal vixente”

RESPECTAR O TRABALLO DA XUSTIZA

Balseiro lembrou que neste momento hai un procedemento penal aberto contra o Alcalde socialista de Viveiro e outros ex-membros da Xunta de Goberno local que outorgaron varias licenzas afectadas por estas irregularidades. Por iso deixou claro que a súa intención non era facer xuízos paralelos. Balseiro dixo que “non hai que anticiparse e hai que respectar e deixar traballar á Xustiza neste ámbito, que dilucide as responsabilidades que se estiemen oportunas conforme aos feitos acontecidos”.

En todo caso o deptuado popular insistiu que o asunto concreto do que se falaba hoxe no Parlamento respondía a que xa existe unha sentenza xudicial firme donde se anulan licenzas de obra conforme ás irregularidades descritas e na que incluso o propio TSXG decide dar traslado destes feitos ao Ministerio Fiscal ao obxecto de que poidan ter algunha relevancia penal.