Lugo, 2 de marzo de 2012.– O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a Vicesecretaria Xeral de relacións coa sociedade, Manuela López Besteiro, mantiveron esta tarde, unha xuntanza cos directores dos centros educativos lucenses na que abordaron a actual situación do sistema educativo. En dito encontro, os directores dos centros, trasladáronlle ao Conselleiro de Educación as inquedanzas no tocante ao sistema educativo en xeral.
Un dos temas principais dos tratados no transcurso do encontro foi o da proposta plantexada polo Ministerio de Educación de ampliar o Bacharelato a 3 anos, co fin de fortalecer este nivel educativo, xa que nestes momentos, España ten o bacharelato máis curto da Unión Europea. Neste sentido, tanto Barreiro como o conselleiro explicaron aos docentes que os resultados educativos dos países europeos con bacharelatos de maior duración avalan esta proposta de ampliación.
Tanto o conselleiro como o presidente provincial defenderon a proposta do Goberno central de mellorar o ensino do inglés en todas as etapas educativas e desde a educación infantil, co fin de, tal e como ten expresado o ministro, substituír o vello enfoque de estudar inglés para pasar a ‘estudar en inglés’.
Neste sentido o conselleiro salientou o éxito rotundo que está a ter o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras impulsado polo Goberno da Xunta de Galicia, grazas ao que máis de 40.800 estudantes e profesores galegos están a mellorar este curso as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012. Ademais, grazas a esta estratexia de reforzo da aprendizaxe de idiomas posta en marcha pola actual goberno popular, Galicia conta por primeira vez cunha rede de centros plurilingües, unha iniciativa novedosa en España que sitúa a Galicia por diante en materia de plurilingüismo.
José Manuel Barreiro e Xesús Vázquez destacaron que Galicia vai tamén un paso por diante na loita contra o abandono escolar. De feito este Goberno conseguiu reducir a taxa de abandono ao 23,1% no ano 2010, sendo unha da Comunidades Autónomas cunha taxa máis baixa de alumnos que abandonan os estudos. No que atinxe a este problema, os asistentes ao encontro coincidiron na necesidade de seguir traballando no camiño de acadar niveis inferiores nesta taxa, similares aos de outros países europeos.
Ademais tanto o presidente provincial como o conselleiro valoraron moi positivamente o esforzo feito ata o momento, que conseguiu recuperar os niveis de abandono de 2004, grazas a unha baixada do 2,9% no que vai de lexislatura, despois de terse incrementado 3 puntos porcentuais, ata o 26% no período do Goberno Bipartito. Deste xeito, ambos destacaron a importancia da nova iniciativa de contratos-programa para a mellora da calidade educativa posta en marcha polo Goberno galego, da que se benefician máis de 11.600 alumnos.
No tocante á situación do profesorado galego, deron conta das xubilacións, das novas prazas así coma das interinidades.
Así mesmo, Xesús Vázquez, como responsable da xunta na área de Educación, recordou a non afectación da Nova Lei de Medidas do Emprego Público aos interinos docentes do Sistema Educativo Galego.
O conselleiro informou ademais aos participantes do encontro das políticas e liñas de actuación do Goberno galego a prol da excelencia do noso sistema educativo