Lugo, 2 marzo de 2012.- O Partido Popular de Lugo acusa á Deputación provincial de non basearse nos criterios de necesidade e obxectividade á hora do reparto dos fondos, enmarcados dentro do Plan de Obras e Servizos, que a Administración provincial destina aos concellos. Unha situación que discrimina aos concellos con fins que se poden considerar partidistas.
O PP provincial non entende nin ve claro cal é o criterio que segue o organismo lucense para repartir os fondos se estes non son de caracter partidista. Os exemplos demostran esta afirmación, tal é o caso do Concello de Palas de Rei que recibe 73.000 euros do Fondo do Plan de Obras e Servizos mentres que outros coa terceira parte da extensión obteñen cantidades moi superiores (Vilasantar ou Toques,190.000 euros)
Esta discriminación de desamparo aos municipios lucenses parece exemplificarse tamén coa supresión do Plan de Pequenas Infraestruturas que convocaba de forma anual a Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos Lugo, dentro da súa unidade de plan especiais, e que nesta ocasión, non aparece recollido nos orzamentos do 2012.
Ao Partido Popular preocúpalle que dende a Deputación Provincial de Lugo se rescinda este tipo de axudas durante a anualidade de 2012 xa que trátanse de subvencións que permiten cofinanciar nos concellos de baixa recadación económica obras que contribúen a unha mellora na calidade de vida dos veciños. Esta liña de subvencións integra axudas para a realización de arranxos de pequena envergadura como poden ser a adecuación de beirarrúas, praciñas ou alumeados, que pese ao seu baixo custo económico, permiten satisfacer necesidades de gran calado nos concellos.
Dende o Grupo Popular esperan que o feito de que a maioría dos Concellos son de cor azul, non influira á hora de tomar a decisión de continuar co Plan de pequenas obras de infraestruturas para municipios da provincia de Lugo de menos de 5.000 habitantes e non entenden cal é o caracter que imprime a supresión desta partida orzamentaria.